{"id":11081,"date":"2020-08-04T00:00:00","date_gmt":"2020-08-04T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/medio-rural-lanza-o-programa-o-que-non-arde-dirixido-aos-concellos-que-actuan-en-prevencion-de-incendios\/"},"modified":"2023-09-18T12:03:08","modified_gmt":"2023-09-18T12:03:08","slug":"medio-rural-lanza-o-programa-o-que-non-arde-dirixido-aos-concellos-que-actuan-en-prevencion-de-incendios","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/medio-rural-lanza-o-programa-o-que-non-arde-dirixido-aos-concellos-que-actuan-en-prevencion-de-incendios\/","title":{"rendered":"Medio Rural lanza o programa \u201cO Que Non Arde\u201d dirixido aos concellos que act\u00faan en prevenci\u00f3n de incendios"},"content":{"rendered":"<p>Fuente: Deputaci\u00f3n de Lugo<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">A deputada nacionalista responsable de Medio Rural, M\u00f3nica Freire Ranca\u00f1o, presentou este martes o plan de axudas ao mantemento de faixas de biomasa \u00abO que non arde\u00bb para este ano 2020, na s\u00faa primeira convocatoria.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">O programa servir\u00e1 de apoio aos concellos da provincia que velen polo cumprimento da normativa de prevenci\u00f3n e defensa dos lumes forestais mediante plans de xesti\u00f3n e mantemento das faixas secundarias de biomasa e faixas laterais das redes viarias municipais.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">O plan art\u00e9llase arredor de dous eixos :<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">&#8211; o primeiro, dirixido ao fomento da prevenci\u00f3n dos incendios forestais, facendo fincap\u00e9 na roza de masas forestais, matogueiras e outras formaci\u00f3ns espont\u00e1neas, nas faixas de laterais da rede viaria municipal.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">&#8211; o segundo, destinado ao mantemento da rede de faixas de xesti\u00f3n de biomasa fomentando a adquisici\u00f3n de pl\u00e1ntulas de especies arb\u00f3reas aut\u00f3ctonas.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">O programa de axudas, ao que Oliver Laxe presta a s\u00faa imaxe, implementarase a trav\u00e9s de convenios interadministrativos de colaboraci\u00f3n entre o ente provincial e aqueles concellos que cumpran t\u00f3dalas disposici\u00f3ns normativas vixentes a d\u00eda de hoxe en relaci\u00f3n \u00e1 prevenci\u00f3n de incendios.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">As solicitudes de colaboraci\u00f3n presentaranse de forma telem\u00e1tica a trav\u00e9s da sede electr\u00f3nica da Deputaci\u00f3n de Lugo ou de calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 39\/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Com\u00fan das Administraci\u00f3ns P\u00fablicas ata o d\u00eda 31 deste mes de agosto.O programa contar\u00e1 cun orzamento inicial de 60.000 \u20ac.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">Colaboraci\u00f3n cos concellos<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">A deputada nacionalista sinalou que \u201co programa pretende mitigar a orfandade na que sumiu a Conseller\u00eda de Medio Rural da Xunta de Galicia a todos os concellos galegos ao obrigalos a asumir as competencias de vixilancia sobre o cumprimento da Lei de incendios, sen habilitar medios ou recursos para executalas\u201d.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">Freire Ranca\u00f1o referiuse as\u00ed \u00e1 Instruci\u00f3n 1\/2018 que obriga \u00e1s entidades municipais a asumir as competencias de vixilancia sobre o cumprimento da Lei de incendios\u00a0 no \u00e1mbito das redes de faixas secundarias de xesti\u00f3n de biomasa (nunha franxa de 50 metros); arredor das edificaci\u00f3ns, vivendas illadas, dep\u00f3sitos de lixo, c\u00e1mpings, gasolineiras, parques e instalaci\u00f3ns industriais situadas a menos de 400 metros do monte; arredor das edificaci\u00f3ns illadas en solo r\u00fastico situadas a m\u00e1is de 400 metros do monte; as\u00ed como nas faixas perimetrais de 50 metros arredor das novas instalaci\u00f3ns destinadas a explotaci\u00f3ns agr\u00edcolas, gandeiras e forestais.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">\u201cO que non arde\u201d \u00e9 o primeiro programa impulsado pola Deputaci\u00f3n de Lugo neste \u00e1mbito. Tr\u00e1tase dunha iniciativa pioneira e prioritaria dentro das li\u00f1as de traballo que se desenvolver\u00e1n ao longo da lexislatura.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">\u201cNesta primeira edici\u00f3n o orzamento inicial \u00e9 de 60.000 euros que se ir\u00e1n incrementando progresivamente en futuras anualidades, a medida que se vaian adherindo ao programa aqueles concellos que cumpran os requisitos e que o soliciten. Temos previsto tam\u00e9n incorporar novas li\u00f1as de axuda en edici\u00f3ns posteriores, orientadas \u00e1 promoci\u00f3n de actividades silvopastor\u00eds con gander\u00eda extensiva que contrib\u00faan a reducir o risco de lumes pola elevada cantidade de biomasa existente nos nosos montes\u201d, engadiu a deputada mari\u00f1\u00e1.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">Os concellos que cumpran os requisitos, poder\u00e1n solicitar a colaboraci\u00f3n ata finais deste mes de agosto, e para elo, far\u00e1n unha solicitude formal, onde incluir\u00e1n as acci\u00f3ns a executar de forma valorada. As solicitudes ser\u00e1n valoradas por unha comisi\u00f3n t\u00e9cnica formada por persoal do servizo de Medio Rural, que ter\u00e1n en conta a calidade t\u00e9cnica do proxecto presentado, e criterios obxectivos como poboaci\u00f3n afectada, n\u00famero de n\u00facleos nos que se interv\u00e9n e superficie afectada.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">\u201cLugo \u00e9 unha provincia moi heterox\u00e9nea con municipios con configuraci\u00f3ns e necesidades diferentes por iso formulamos o programa dunha forma vers\u00e1til, facilitando que cada concello dese\u00f1e e propo\u00f1a as soluci\u00f3ns que considere m\u00e1is aca\u00eddas\u201d, apuntou Freire Ranca\u00f1o.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">Oliver Laxe, imaxe do programa<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">O programa de axudas conta co alento de Oliver Laxe, quen se amosou moi ilusionado coa decisi\u00f3n de bautizalo con ese nome. O reco\u00f1ecido artista e cineasta, que se estableceu na parroquia de Vilela (Navia de Suarna) para traballar en proxectos vinculados ao desenvolvemento rural, entende que se trata\u00a0 \u201cdunha iniciativa moi interesante para o fomento do desenvolvemento econ\u00f3mico e social da provincia e acadar unha fixaci\u00f3n real de poboaci\u00f3n no noso rural, como a presente que incide na prevenci\u00f3n dos lumes fronte aos gastos insostibles en extinci\u00f3n\u201d.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">O cineasta considera que \u201cson moi necesarias medidas que incentiven o mantemento de superficie agraria \u00fatil e a recuperaci\u00f3n de zonas de monte abandonadas ou improdutivas, e que motiven \u00e1 xente moza a ser valentes e emprender novos proxectos modernos e innovadores coa gran potencialidade produtiva que contamos no noso pa\u00eds\u201d.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">A \u00e1rea de Medio Rural e Oliver Laxe anticiparon a s\u00faa intenci\u00f3n de iniciar colaboraci\u00f3ns futuras para levar \u00e1 pr\u00e1ctica medidas encami\u00f1adas ao desenvolvemento rural na Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p class=\"MsoNormal\">A deputada nacionalista responsable de Medio Rural, M&oacute;nica Freire Ranca&ntilde;o, presentou este martes o plan de axudas ao mantemento de faixas de biomasa \u00abO que non arde\u00bb para este ano 2020, na s&uacute;a primeira convocatoria.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">O programa servir&aacute; de apoio aos concellos da provincia que velen polo cumprimento da normativa de prevenci&oacute;n e defensa dos lumes forestais mediante plans de xesti&oacute;n e mantemento das faixas secundarias de biomasa e faixas laterais das redes viarias municipais.<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":11858,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-11081","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11081","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11081"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11081\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11858"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11081"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11081"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11081"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}