{"id":11117,"date":"2020-08-16T00:00:00","date_gmt":"2020-08-16T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/hai-que-valorar-a-cultura-do-rural\/"},"modified":"2023-09-18T12:02:46","modified_gmt":"2023-09-18T12:02:46","slug":"hai-que-valorar-a-cultura-do-rural","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/hai-que-valorar-a-cultura-do-rural\/","title":{"rendered":"\u00abHai que valorar a cultura do rural\u00bb"},"content":{"rendered":"<p>Fuente: La Voz de Galicia<\/p>\n<p><span style=\"font-size: 11.0pt; line-height: 107%; font-family: 'Calibri',sans-serif; mso-ascii-theme-font: minor-latin; mso-fareast-font-family: Calibri; mso-fareast-theme-font: minor-latin; mso-hansi-theme-font: minor-latin; mso-bidi-font-family: 'Times New Roman'; mso-bidi-theme-font: minor-bidi; mso-ansi-language: ES; mso-fareast-language: EN-US; mso-bidi-language: AR-SA;\">Ismael \u00c1lvarez \u00e9 un mozo de Navia que recolle nunha p\u00e1xina 70 xogos da tradici\u00f3n popular de Os Ancares<\/span><\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">Cando cultura, tradici\u00f3n e mocidade van da man, o resultado non pode ser m\u00e1is que proveitoso. Esa era a arela de Ismael \u00c1lvarez, un veci\u00f1o de vinte e poucos anos orixinario de Navia de Suarna, cando se embarcou no seu Traballo de Fin de Mestrado. O proxecto, que serve como broche de ouro \u00e1 formaci\u00f3n en Comunicaci\u00f3n e Desenvolvemento Multimedia, cursado na Universidade de Burgos, chegou case por obra do azar aos bosquexos do rapaz, pero despois de case cinco meses de traballo e investigaci\u00f3n, sae por fin da gabeta.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">O estudo consiste nunha recompilaci\u00f3n de xogos populares e mostras da cultura l\u00fadica de Os Ancares, acompa\u00f1ados de v\u00eddeos explicativos nos que os propios veci\u00f1os da comarca falan sobre a s\u00faa tradici\u00f3n recreativa e ensinan o funcionamento dos distintos pasatempos.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">-Como xorde esta idea?<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">-O tema que ti\u00f1a en mente complic\u00f3useme un pouco co confinamento. Volvinme de Burgos para Navia e as limitaci\u00f3ns que ti\u00f1a aqu\u00ed polo cese da mobilidade eran maiores. Quer\u00eda facer algo propio da zona, pero tam\u00e9n orixinal. Falando con mi\u00f1a nai sobre a riqueza l\u00fadica dos Ancares deime conta de que no colexio fixeramos algo relacionado con iso, e pensei en tratalo e proxectalo.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">-Po\u00f1elo a andar non debeu ser doado, como recompilou os xogos?<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">-Tirei moito de contactos, redes sociais, conversas con veci\u00f1os&#8230; Fixen unha publicaci\u00f3n en Facebook e tivo moi boa resposta. As asociaci\u00f3ns culturais dos concellos da comarca, o CPI de Navia, o blog de Leiras e Marcos e a xente do pobo axud\u00e1ronme moito. Sen as s\u00faas aportaci\u00f3ns o traballo non ter\u00eda sentido.-Cantos conseguiu xuntar?-Sesenta e nove. \u00cda metendo todo nun documento para logo pasalo \u00e1 p\u00e1xina web. A\u00ed est\u00e1n distribu\u00eddos por categor\u00edas: xogos individuais, en equipo, de un contra todos, para practicar na natureza&#8230; E hai tam\u00e9n unha secci\u00f3n cos recursos multimedia e coas entrevistas que fun facendo \u00e1 xente.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">-Houbo alg\u00fan que lle chamase especialmente a atenci\u00f3n?<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">-Hai de todo. \u00abTres nav\u00edos polo mar\u00bb, no que un grupo de tres rapaces se agocha e, unha vez escondido, bota un berro. Os outros tres xogadores te\u00f1en que sa\u00edr a buscalos, e vanse comunicando por gritos. Era t\u00edpico de Navia, e un lugar moi socorrido para practicalo era o castelo. Tam\u00e9n hai outros como \u00abChurra monta na burra\u00bb, \u00abToma rosca e molla\u00bb ou \u00abA cocha\u00bb, moi divertidos.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">-Cales son as aspiraci\u00f3ns deste proxecto?<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">-Est\u00e1 pensado para levar a xornadas e campionatos en escolas, un pouco a nivel educativo. Gustar\u00edame facer charlas e sesi\u00f3ns recreativas en centros da zona de Os Ancares ou de A Fonsagrada, para achegar esta colecci\u00f3n aos m\u00e1is pequenos.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">-E a s\u00faa valoraci\u00f3n agora que est\u00e1 rematado?<\/p>\n<p><span style=\"font-size: 11.0pt; line-height: 107%; font-family: 'Calibri',sans-serif; mso-ascii-theme-font: minor-latin; mso-fareast-font-family: Calibri; mso-fareast-theme-font: minor-latin; mso-hansi-theme-font: minor-latin; mso-bidi-font-family: 'Times New Roman'; mso-bidi-theme-font: minor-bidi; mso-ansi-language: ES; mso-fareast-language: EN-US; mso-bidi-language: AR-SA;\">-Estou moi contento, sobre todo porque me felicitou moita xente maior, ilusionada con que a\u00ednda queden mozos interesados na tradici\u00f3n galega. As novas xeraci\u00f3ns temos que valorar a cultura do rural, darlle luz e loitar porque non se perda. Hai quen pensa que \u00e9 incompatible coa era dixital, pero non \u00e9 certo. Todo se pode adaptar \u00e1s novas tecnolox\u00edas de xeito interactivo.<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p><span style=\"font-size: 11.0pt; line-height: 107%; font-family: 'Calibri',sans-serif; mso-ascii-theme-font: minor-latin; mso-fareast-font-family: Calibri; mso-fareast-theme-font: minor-latin; mso-hansi-theme-font: minor-latin; mso-bidi-font-family: 'Times New Roman'; mso-bidi-theme-font: minor-bidi; mso-ansi-language: ES; mso-fareast-language: EN-US; mso-bidi-language: AR-SA;\">Ismael &Aacute;lvarez &eacute; un mozo de Navia que recolle nunha p&aacute;xina 70 xogos da tradici&oacute;n popular de Os Ancares<\/span><\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":11894,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-11117","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11117","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11117"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11117\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11894"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11117"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11117"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11117"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}