{"id":11121,"date":"2020-09-23T00:00:00","date_gmt":"2020-09-23T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/a-cervexa-de-vilarello-que-sabe-a-centeo\/"},"modified":"2023-09-18T12:02:34","modified_gmt":"2023-09-18T12:02:34","slug":"a-cervexa-de-vilarello-que-sabe-a-centeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/a-cervexa-de-vilarello-que-sabe-a-centeo\/","title":{"rendered":"A cervexa de Vilarello que sabe a centeo"},"content":{"rendered":"<p>Fuente: El Progreso<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">O cereal foi esencial na comarca dos Ancares para dar teito \u00e1s pallozas ou facer pan, pero grazas a Mireia Rodr\u00edguez e Manuel Guti\u00e9rrez del tam\u00e9n sa\u00edu a primeira Rye Ipa da serra, a Colmo, escolmada gran a gran na parroquia de Don\u00eds<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">Calquera persoa que beba unha cervexa Colmo deber\u00eda saber esta historia. O seu inicio sit\u00faase hai tres anos, pero a\u00ednda hoxe Mireia Rodr\u00edguez sente arrep\u00edos ao lembralo. Aquel d\u00eda de outubro tivo medo de que o lume devastase a casa da s\u00faa nai, e de tantas xeraci\u00f3ns que a precederon, en Vilarello de Don\u00eds. Na terrible vaga de lumes de hai tres anos, esta aldea cervantega foi das m\u00e1is afectadas. As lapas rode\u00e1rana por enteiro. \u00abFoi un atentado\u00bb, di.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">Ese enfado, rabia e impotencia abriron, sen embargo, un cami\u00f1o inesperado. A familia de Mireia decidiu volver traballar as terras durante anos en barbeito nese lugar ao que tanto ameazou o lume. Nel, antano, coma en tantas outras zonas da parroquia, medraba o centeo, ou como al\u00ed se di, o pan. Unha maneira de chamar o todo pola parte que non \u00e9 caprichosa: o centeo era o pan de cada d\u00eda e de cada casa, tan necesario para cocer o alimento como para teitar as pallozas.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">As\u00ed, o pai de Mireia quixo recuperar o seu cultivo. E toda a familia seguiulle, para segar, mallar, escolmar e atar os colmos cos brincallos. Ata que o ano pasado, o compa\u00f1eiro de Mireia, Manuel Guti\u00e9rrez, pensou noutro xeito de aproveitar o cereal. Xa na s\u00faa terra natal, Oama\u00f1a, nas monta\u00f1as leonesas, t\u00ed\u00f1alle dado voltas aos produtos que se poder\u00edan producir al\u00ed. \u00abPorque todo o que sae de aqu\u00ed, da monta\u00f1a, \u00e9 un diamante\u00bb, di.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">A familia de Mireia decidiu volver traballar as terras de Vilarello tras o impacto emocional que lles causou a vaga de lumes do 2017<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">Amante da cervexa, hai dous anos gardara unha Rye Ipa Beavertown que lle serviron na Coru\u00f1a, unha das producidas por Logan Plant, o fillo de Led Zeppelin. Era a primeira cervexa de centeo que probaba, deliciosa, e da que curiosamente gardou a botella, coma se dentro dela houbese unha mensaxe.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">Vendo como mudaban as terras co centeo en Vilarello, preguntouse: Por que non aproveitamos aqu\u00ed o gran, e facemos con el unha cervexa? Nesta ocasi\u00f3n, tam\u00e9n todos segu\u00edronlle coa idea. Lugar \u00edan ter para vendela, xa que a familia rexenta o Hotel Piornedo. E foi dicilo e xa estaban os grans do cereal correndo cara a Le\u00f3n, para seren al\u00ed xerminados, tostados e secados, e posteriormente cara \u00e1 f\u00e1brica artes\u00e1 en Valladolid.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">O CUME DA CERVEXA. Conta Manuel que as Ipa (India pale ale) foron un invento dos ingleses, aos que se lles estragaban as cervexas na ruta en barco \u00e1 India colonizada. Para solventar o problema, aumentaron a cantidade de l\u00fapulo, coa fin de que non se lles estragase, e obtiveron esa cervexa densa e amarga que hoxe est\u00e1 tan de moda.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">Os tres lotes de cervexa, de 500 litros cada un, foron moi ben recibidos polos clientes do Hotel Piornedo, que tam\u00e9n rexentan<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">Coa Colmo, a Rye Ipa fixo cume en Galicia co centeo aut\u00f3ctono da parroquia de Don\u00eds, m\u00e1is resistente e bravo ca outros. O primeiro lote, de 500 litros, esgotouse axi\u00f1a. Todos os visitantes do hotel prefer\u00edrona a outras, e as reacci\u00f3ns foron moi boas, contan Mireia e Manuel. A segunda quer\u00edana ter no seu establecemento para a Semana Santa, pero veu o confinamento. Para buscar sa\u00edda ao produto, esta f\u00e1brica de Valladolid abriu unha canle de venda online. A Colmo foi das m\u00e1is vendidas.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">O terceiro lote, con outros 500 litros, deulles sabor ao ver\u00e1n. A tan boa recepci\u00f3n non deixou de sorprender a quen buscaba na Colmo non s\u00f3 un negocio, sen\u00f3n un xeito de recuperar, coidar e dar valor \u00e1 propia terra.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">A s\u00faa idea \u00e9 continuar. Escoller lugares de distribuci\u00f3n, continuar coa venda en internet e servir a Colmo no mostrador do Hotel Piornedo. \u00ab\u00c9 incrible que de algo tan terrible como foron aqueles lumes sa\u00edse este proxecto tan fermoso. Por iso cando algu\u00e9n di que lle gusta a cervexa, emoci\u00f3nome pensando no que hai detr\u00e1s\u00bb, conta Mireia. Saber a historia cambia un pouqui\u00f1o o sabor.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">O cereal foi esencial na comarca dos Ancares para dar teito &aacute;s pallozas ou facer pan, pero grazas a Mireia Rodr&iacute;guez e Manuel Guti&eacute;rrez del tam&eacute;n sa&iacute;u a primeira Rye Ipa da serra, a Colmo, escolmada gran a gran na parroquia de Don&iacute;s<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":11898,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-11121","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11121","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11121"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11121\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11898"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11121"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11121"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11121"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}