{"id":11141,"date":"2020-09-28T00:00:00","date_gmt":"2020-09-28T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/as-vacas-felices-dos-ancares\/"},"modified":"2023-09-18T12:01:51","modified_gmt":"2023-09-18T12:01:51","slug":"as-vacas-felices-dos-ancares","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/as-vacas-felices-dos-ancares\/","title":{"rendered":"As vacas felices dos Ancares"},"content":{"rendered":"<p>Fuente: La Voz de Galicia<\/p>\n<p style=\"margin-bottom: 0cm;\">A cooperativa A Carqueixa ofrece produtos gourmet de terneira galega suprema, ten m\u00e1is de 200 socios e inaugurou hai un ano a s\u00faa tenda online, que sup\u00f3n o 20 % das s\u00faas vendas<\/p>\n<p style=\"margin-bottom: 0cm;\">Jos\u00e9 Antonio ten 40 vacas no alto do Cerredo que tam\u00e9n fan trashumancia, unha pr\u00e1ctica transmitida de av\u00f3s a netos que consiste en trasladar ao gando a zonas lim\u00edtrofes. Este gandeiro bota a andar oito horas en primavera cos seus animais.<\/p>\n<p style=\"margin-bottom: 0cm;\">As vacas destes m\u00e1is de 200 socios son felices pastando e crecendo nas monta\u00f1as dos Ancares e maman leite ata que cumpren, polo menos, os sete meses de vida. A maior\u00eda est\u00e1n en extensivo e non saben o que \u00e9 estar pechadas nunha corte. Por iso tam\u00e9n se pode dicir con certeza que este grupo de gandeiros fixo tam\u00e9n un importante traballo polo rural: transformaron en pastos zonas de uces e pedras, previndo incendios e, ao mesmo tempo, d\u00e1ndolle uso a zonas que apenas se aproveitaban.<\/p>\n<p style=\"margin-bottom: 0cm; text-align: center;\">\u00abO de vender por Internet foi unha moi boa idea, \u00e9 o futuro, e permitiranos seguir avanzando\u00bb<\/p>\n<p style=\"margin-bottom: 0cm;\"><strong>A comunicaci\u00f3n interna<\/strong><\/p>\n<p style=\"margin-bottom: 0cm;\">A comunicaci\u00f3n interna nunha cooperativa formada por m\u00e1is de 200 persoas \u00e9 m\u00e1is f\u00e1cil grazas ao Whatssapp, como ben sabe Rom\u00e1n, que se encarga de xestionar que todo vaia correctamente. \u00abTemos varios grupos e unha lista de difusi\u00f3n\u00bb, comenta mentres Jos\u00e9 Antonio engade entre risas que antes \u00abtodo se fac\u00eda a trav\u00e9s do tel\u00e9fono fixo\u00bb.<\/p>\n<p style=\"margin-bottom: 0cm;\">\u00abA venda por Internet permite que os cooperativistas cobren ata 200 euros m\u00e1is por becerro\u00bb<\/p>\n<p style=\"margin-bottom: 0cm;\">A venda a trav\u00e9s da tenda online de A Carqueixa permite aos cooperativistas ga\u00f1ar m\u00e1is cartos por canal de becerro dende que se inaugurou este servizo hai un ano. Os beneficios oscilan entre os 100 e 200 euros por cada animal. \u00abO de vender por Internet foi unha moi boa idea, \u00e9 o futuro, e permitiranos seguir avanzando\u00bb, conta o presidente da cooperativa.<\/p>\n<p style=\"margin-bottom: 0cm;\">Agora, a p\u00e1xina web est\u00e1 a mudar o seu aspecto. Ademais, tal e como explica Rom\u00e1n S\u00e1nchez, esta cooperativa fixou a s\u00faa estratexia nas redes sociais ao considerar que eran un nicho sen explotar que poder\u00eda dar moitas satisfacci\u00f3ns. Tanto \u00e9 as\u00ed que na s\u00faa p\u00e1xina de Facebook acumulan m\u00e1is de 5.500 g\u00fastame e en Instagram te\u00f1en case 1.000 seguidores. En Youtube, estes emprendedores optan polos v\u00eddeos de receitas e por amosar a realidade dos m\u00e1is de 200 cooperativistas que conforman este proxecto. Agora est\u00e1n a traballar en varios v\u00eddeos promocionais.<\/p>\n<p style=\"margin-bottom: 0cm;\">\u00abVender por Internet implica ga\u00f1ar por kilo sobre 50 c\u00e9ntimos m\u00e1is\u00bb, explica Rom\u00e1n. Ademais, a comparativa con hai un ano demostra que neste momento triplicouse as vendas si se comparan cas que se fac\u00edan no mesmo mes do ano pasado.<\/p>\n<p style=\"margin-bottom: 0cm;\"><strong>O prezo da carne baixou pola pandemia, pero subiron os pedidos na tenda da web<\/strong><\/p>\n<p style=\"margin-bottom: 0cm;\">O prezo da carne baixou considerablemente pola pandemia de coronavirus. Ademais, hab\u00eda restaurantes que mercaban produtos a esta cooperativa e que, polo peche de establecementos e reduci\u00f3n de presupostos, reduciron notablemente os seus pedidos. Sen embargo, a venda a trav\u00e9s da tenda online subiu dende que \u00abapareceu o bicho\u00bb. Moita xente animouse a mercar carne por Internet e, como saben os de A Carqueixa, \u00abquen a proba, repite. As costeletas, solombos e demais v\u00e9ndense moito aos restaurantes\u00bb, conta Rom\u00e1n S\u00e1nchez.<\/p>\n<p style=\"margin-bottom: 0cm;\"><strong>Lotes de carne a medid<\/strong>a<\/p>\n<p style=\"margin-bottom: 0cm;\">Ata hai uns meses, A Carqueixa so vend\u00eda por Internet packs de carne. Agora xa permite mercar pequenas cantidades e ata seleccionar o tipo de corte da carne en cuesti\u00f3n. Non hai pedido m\u00ednimo, a\u00ednda que unha compra xeitosa fai que os gastos de env\u00edo sexan algo m\u00e1is baratos. Os pedidos chegan en aproximadamente sete d\u00edas.<\/p>\n<p style=\"margin-bottom: 0cm;\">Estes gandeiros saben que a calidade da s\u00faa carne \u00e9 excepcional. \u00c9 por iso que s\u00f3 venden aquilo que consumen. \u00ab\u00c9 habitual que dun xato se separe algunha carne para mandar a alg\u00fan familiar. A persoa que fai unha compra leva o mesmo produto que os que son da casa, por dicilo dalg\u00fan xeito. E iso \u00e9 porque temos a seguridade de que a carne sae boa\u00bb, explica Rom\u00e1n.<\/p>\n<p style=\"margin-bottom: 0cm;\">A\u00ednda que as campa\u00f1as a trav\u00e9s das redes sociais dan o seu froito, xerente e presidente desta cooperativa admiten que \u00abo boca a boca\u00bb \u00e9 un dos mellores remedios.<\/p>\n<p style=\"margin-bottom: 0cm;\"><strong>Algunhas vacas levan colar con GPS e o lobo ataca de cando en vez<\/strong><\/p>\n<p style=\"margin-bottom: 0cm;\">O presidente de A Carqueixa comenta que os ataques do lobo son, para alg\u00fans cooperativistas, \u00abm\u00e1is frecuentes do que deber\u00edan\u00bb. Sobre as medidas de prevenci\u00f3n contra o animal, conta que non te\u00f1en demasiados mast\u00edns e que alg\u00fans non est\u00e1n especificamente educados para coidar do gando. \u00abEu te\u00f1o un, pero non me para cas vacas e sempre volve para a casa\u00bb, engade Jos\u00e9 Antonio, que tam\u00e9n explica que as perdidas econ\u00f3micas son cuantiosas para moitos gandeiros. \u00abVai por \u00e9pocas, pero cos xatos pequenos temos que ter moito coidado e traer as vacas parir cerca da casa\u00bb, engade.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p style=\"margin-bottom: 0cm;\">A cooperativa A Carqueixa ofrece produtos gourmet de terneira galega suprema, ten m&aacute;is de 200 socios e inaugurou hai un ano a s&uacute;a tenda online, que sup&oacute;n o 20 % das s&uacute;as vendas<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":11918,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-11141","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11141","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11141"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11141\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11918"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11141"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11141"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11141"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}