{"id":11149,"date":"2020-08-03T00:00:00","date_gmt":"2020-08-03T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/lucia-rodriguez-o-problema-do-rural-e-que-a-xente-se-queixa-de-que-non-hai-nada-pero-non-actua\/"},"modified":"2023-09-18T12:03:13","modified_gmt":"2023-09-18T12:03:13","slug":"lucia-rodriguez-o-problema-do-rural-e-que-a-xente-se-queixa-de-que-non-hai-nada-pero-non-actua","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/lucia-rodriguez-o-problema-do-rural-e-que-a-xente-se-queixa-de-que-non-hai-nada-pero-non-actua\/","title":{"rendered":"Luc\u00eda Rodr\u00edguez: \u00abO problema do rural e que a xente se queixa de que non hai nada pero non act\u00faa\u00bb"},"content":{"rendered":"<p>Fuente: El Progreso<\/p>\n<p><span style=\"text-align: justify;\">Esta naviega desenvolveu un proxecto sobre a cooperativa A Carqueixa en Navia de Suarna. A estudante de Publicidade, que est\u00e1 a levar a cabo varias iniciativas culturais, reclama unha maior participaci\u00f3n cidad\u00e1 nas actividades do rural<\/span><\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">Luc\u00eda Rodr\u00edguez \u00e9 unha estudante de Publicidade e Relaci\u00f3ns P\u00fablicas que est\u00e1 orgullosa das s\u00faas ra\u00edces e que non perde o tempo para divulgar a cultura e o patrimonio ancar\u00e9s. Nada en Navia de Suarna, esta moza de 20 anos traballa a car\u00f3n do cineasta Oliver Laxe desenvolvendo un censo de centros rurais culturais. Ademais disto, Luc\u00eda tam\u00e9n leva unha conta na que sube fotograf\u00edas de lugares desco\u00f1ecidos da comarca e colaborou co proxecto da Casa Qui\u00f1ones de Barcia en Navia, o primeiro coworking rural de Galicia.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">Por que decidiu facer un traballo sobre a cooperativa A Carqueixa?<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">Ti\u00f1a que tratar a xesti\u00f3n dos medios publicitarios para falar dunha marca pequena que fixese unha boa xesti\u00f3n da publicidade nas redes sociais e nos medios de comunicaci\u00f3n para clase. Ent\u00f3n, como eu pasei o confinamento na aldea naviega de Salgueiras, xunto aos meus av\u00f3s, sempre v\u00eda as vacas da Carqueixa diante. Levo pasado moitas tardes mirando pola vent\u00e1 o que fac\u00edan e escoitando o son das chocas. Escoll\u00edn a empresa pola cercan\u00eda e porque me gusta moito como levan a s\u00faa marca. Tam\u00e9n quer\u00eda darlles m\u00e1is visibilidade na outra punta de Galicia, Pontevedra, onde eu estudo.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">Como cre que se pode visibilizar a comercializaci\u00f3n de produtos do rural?<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">A d\u00eda de hoxe penso que son moi importantes as redes sociais porque ao final \u00e9 onde se atopa a maior parte do p\u00fablico, pero tam\u00e9n os medios de comunicaci\u00f3n tradicionais porque ao final non todo o p\u00fablico do rural mira as redes. A xente ten que ver que existen proxectos moi interesantes e de calidade.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">Que \u00e9 o m\u00e1is importante para impulsar estas iniciativas?<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">Eu penso que o esencial \u00e9 que a xente estea comprometida e que crea nos proxectos que se levan a cabo. \u00c9 importante loitar por conseguir o que se quere. Dende o \u00e1mbito publicitario tam\u00e9n \u00e9 relevante o feito de innovar continuamente e estarmos actualizados.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">Como ve o futuro de proxectos como A Carqueixa na \u00e1rea rural?<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">Creo que poden ter futuro se a xente nova se implica e ten ganas de facer cousas, porque o problema esencial do rural \u00e9 que a xente se queixa moito de que non hai actividades nin vida pero a maior\u00eda tampouco fai nada por cambialo.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">\u00abNon sei se \u00e9 por culpa dos pol\u00edticos ou da sociedade pero non reclamamos o suficiente a historia das nosas terras\u00bb<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">Gustar\u00edalle exercer a s\u00faa profesi\u00f3n de publicista na s\u00faa vila?<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">Si, claro. A min encantar\u00edame vivir aqu\u00ed. Gustar\u00edame desenvolver a mi\u00f1a actividade laboral no rural pero sen pecharme portas \u00e1s cidades porque no meu traballo \u00e9 onde hai m\u00e1is oportunidades a d\u00eda de hoxe.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">Como cre que poder\u00eda contribu\u00edr?<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">Penso en moitas cousas. Gustar\u00edame compilar as palabras que din as persoas maiores. De feito estou recollendo nunha libreta as s\u00faas expresi\u00f3ns e gustar\u00edame facer quizais unha marca futura con diferentes dese\u00f1os gr\u00e1ficos nos que aparezan para que non se perdan. Tam\u00e9n quero facer un spot das aldeas m\u00e1is pequenas que est\u00e1n sen explotar e a xente non co\u00f1ece. Aqu\u00ed temos moito patrimonio pero est\u00e1 todo por descubrir. Non sei se \u00e9 por culpa dos pol\u00edticos ou da sociedade pero non reclamamos o suficiente a historia das nosas terras.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">Como integrante da asociaci\u00f3n Irmandade Naviega, te\u00f1en alg\u00fan proxecto entre mans?<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">Cando comezamos co proxecto, o noso obxectivo era conseguir que o castelo de Navia fose p\u00fablico, pero agora atop\u00e1monos con moitas dificultades porque hai moitos herdeiros. Uns queren vendelo e outros non e as administraci\u00f3ns non se po\u00f1en de acordo porque iso implicar\u00eda un mantemento e uns custos. Agora estamos a facer actividades m\u00e1is relacionadas co \u00e1mbito cultural. Compartimos fotograf\u00edas e informaci\u00f3n da comarca na nosa p\u00e1xina de Facebook. Neste momento estamos colaborando cos artistas rusos que viven en Navia, que colocan animais esculpidos e pintados por eles na vila e a partir de a\u00ed facemos un xogo para que os veci\u00f1os os atopen.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p><span style=\"text-align: justify;\">Esta naviega desenvolveu un proxecto sobre a cooperativa A Carqueixa en Navia de Suarna. A estudante de Publicidade, que est&aacute; a levar a cabo varias iniciativas culturais, reclama unha maior participaci&oacute;n cidad&aacute; nas actividades do rural<\/span><\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":11926,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-11149","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11149","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11149"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11149\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11926"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11149"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11149"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11149"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}