{"id":14298,"date":"2024-06-18T12:08:57","date_gmt":"2024-06-18T12:08:57","guid":{"rendered":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/a-deputacion-colabora-cunha-serie-de-viaxes-sonoras-para-promocionar-o-patrimonio-dos-ancares\/"},"modified":"2024-06-18T12:08:57","modified_gmt":"2024-06-18T12:08:57","slug":"a-deputacion-colabora-cunha-serie-de-viaxes-sonoras-para-promocionar-o-patrimonio-dos-ancares","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/a-deputacion-colabora-cunha-serie-de-viaxes-sonoras-para-promocionar-o-patrimonio-dos-ancares\/","title":{"rendered":"A Deputaci\u00f3n colabora cunha serie de viaxes sonoras para promocionar o patrimonio dos Ancares"},"content":{"rendered":"<p class=\"text-align-justify\">A Deputada de R\u00e9xime Interior, Promoci\u00f3n do Territorio e Turismo, Pilar Garc\u00eda Porto, presentou este luns no Centro de Interpretaci\u00f3n de Terras do Mi\u00f1o un proxecto ao que a Deputaci\u00f3n achega 10.000\u20ac para promocionar o patrimonio dos Ancares a trav\u00e9s dunha serie de seis viaxes sonoras. Baixo o t\u00edtulo Os Andares, esta iniciativa consiste en diferentes pezas en formato de docuficci\u00f3n que propo\u00f1en un percorrido polos concellos que conforman a comarca da Monta\u00f1a.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Participaron tam\u00e9n na presentaci\u00f3n os representantes do colectivo Galiza Emocional que impulsa este proxecto; os directores art\u00edsticos da iniciativa, Jos\u00e9 D\u00edaz e Iria Azevedo; e os alcaldes de Navia de Suarna, Jos\u00e9 Fern\u00e1ndez, de Baralla, Miguel Gonz\u00e1lez, e das Nogais, Jes\u00fas N\u00fa\u00f1ez.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">\u201cO esp\u00edrito deste proxecto concorda plenamente cun dos eixos da acci\u00f3n de Goberno da Deputaci\u00f3n de Lugo. N\u00f3s apostamos por un modelo de turismo de calidade, de experiencias, desestacionalizado e non masificado\u201d, sinalou Garc\u00eda Porto, ao tempo que puxo en valor \u201cunha iniciativa que combina a arte, a cultura e o turismo dun xeito tan harmonioso\u201d.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Argumentou a Deputada que \u201co turismo sostible conv\u00e9rtese nun aliado na conservaci\u00f3n do entorno e das paisaxes, pon en valor o rural, e xera emprego sostible. Polo tanto, axuda a fixar poboaci\u00f3n no rural\u201d. Engadiu que o rural \u201cten moitas historias ocultas que agora descubrimos da man dos Andares. Os que escoiten estas audiogu\u00edas poder\u00e1n sentirse inmersos nos diferentes escenarios naturais e hist\u00f3ricos da nosa terra\u201d.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Os diferentes sons desta serie poden escoitarse xa de xeito gratu\u00edto na p\u00e1xina web osandares.com, que conta con paradas na Pobra de Navia (Navia de Suarna), Penarrubia (Baralla), Tor\u00e9s (As Nogais), Castro de Santa Mar\u00eda (Cervantes), Os Grobos (Becerre\u00e1) e Lagoa Maior (Pedrafita do Cebreiro). Estas viaxes sonoras son pezas de arte inmersiva ao aire libre e est\u00e1n contadas por actores e actrices que interpretan diferentes personaxes; o seu discurso alt\u00e9rnase con intervenci\u00f3ns en primeira persoa dos veci\u00f1os e veci\u00f1as que viven no territorio. \u201cEmoci\u00f3n e divulgaci\u00f3n, nunhas pezas que se nutren de contidos do patrimonio cultural, art\u00edstico, natural, hist\u00f3rico, sociol\u00f3xico, sentimental e coti\u00e1\u201d, valoran os autores.<\/p>\n<p>Cada cap\u00edtulo ten unha duraci\u00f3n de entre 32 e 47 minutos e ofrece anacos de historia e arquitectura das diferentes localizaci\u00f3ns, recollendo ademais as lembranzas e emoci\u00f3ns das persoas que habitan e habitaron estes concellos e facendo compilaci\u00f3n tam\u00e9n da s\u00faa tradici\u00f3n oral, m\u00fasicas e acervo cultural. Explican os creadores de Os Andares que \u201cnon \u00e9 necesario seguir unha orde concreta para desfrutalos, o realmente importante \u00e9 fomentar a participaci\u00f3n activa das persoas que escoitan, m\u00e1is al\u00f3 do paseo, a observaci\u00f3n e a escoita\u201d.<\/p>\n<p>Dispo\u00f1ible en galego, castel\u00e1n e ingl\u00e9s, cada cap\u00edtulo servir\u00e1 para ampliar e completar a oferta tur\u00edstica de cada concello dos Ancares lucenses, aproveitando os propios recursos existentes en cada municipio.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Deputada de R\u00e9xime Interior, Promoci\u00f3n do Territorio e Turismo, Pilar Garc\u00eda Porto, presentou este luns no Centro de Interpretaci\u00f3n de Terras do Mi\u00f1o un proxecto ao que a Deputaci\u00f3n achega 10.000\u20ac para promocionar o patrimonio dos Ancares a trav\u00e9s dunha serie de seis viaxes sonoras. Baixo o t\u00edtulo Os Andares, esta iniciativa consiste en &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":14296,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-14298","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14298","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14298"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14298\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/14296"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14298"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14298"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14298"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}