{"id":14316,"date":"2024-09-13T12:46:19","date_gmt":"2024-09-13T12:46:19","guid":{"rendered":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/duas-feiras-unha-proba-deportiva-e-dous-espazos-de-interese-recibiran-os-premios-a-excelencia-de-turismo-e-gastronomia-da-deputacion\/"},"modified":"2024-09-13T12:46:19","modified_gmt":"2024-09-13T12:46:19","slug":"duas-feiras-unha-proba-deportiva-e-dous-espazos-de-interese-recibiran-os-premios-a-excelencia-de-turismo-e-gastronomia-da-deputacion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/duas-feiras-unha-proba-deportiva-e-dous-espazos-de-interese-recibiran-os-premios-a-excelencia-de-turismo-e-gastronomia-da-deputacion\/","title":{"rendered":"D\u00faas feiras, unha proba deportiva e dous espazos de interese recibir\u00e1n os Premios \u00e1 Excelencia de Turismo e Gastronom\u00eda da Deputaci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p class=\"text-align-justify\">A Vicepresidenta do Consello Provincial de Turismo e Deputada de R\u00e9xime Interior, Promoci\u00f3n do Territorio e Turismo, Pilar Garc\u00eda Porto, presidiu este xoves no Sal\u00f3n de Plenos a reuni\u00f3n do Consello Provincial de Turismo na que se fallaron os sextos Premios \u00e1 Excelencia de Turismo nas categor\u00edas de Lugo Cambia ao Turismo Lucense, e, \u2026E para comer, Lugo \u00e1 Gastronom\u00eda Lucense, e ao Turismo Sostible. Uns premios instaurados por este \u00f3rgano participativo e consultuvo que creou a instituci\u00f3n provincial.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Na categor\u00eda Lugo Cambia ao Turismo Lucense o xurado dinstinguiu A Ruta dos Lobos da Fonsagrada e a Mina Consuelo e Boulloso da Pontenova; na de &#8230;E para comer, Lugo \u00e1 gastronom\u00eda lucense premiouse \u00e1 Festa da Cereixa, do Vi\u00f1o e do Aceite de Ribas de Sil, e a Feira do Cap\u00f3n de Vilalba; e na de Turismo Sostible cun \u00fanico premio foi concedido ao Barco Museo Reina del Carmen de Burela, e outorgouse un acc\u00e9sit \u00e1 Mostra Exposici\u00f3n de Muimenta (MOEXMU).<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">\u201cEstes galard\u00f3ns, instaurados por este \u00f3rgano participativo e consultivo que creou a instituci\u00f3n provincial, representan un merecido reco\u00f1ecemento ao traballo e \u00e1 traxectoria exemplar de empresas, persoas, instituci\u00f3ns ou entidades no \u00e1mbito do turismo e a gastronom\u00eda da provincia\u201d, explicou Pilar Garc\u00eda Porto.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">A decisi\u00f3n adoptada polo Consello Provincial de Turismo debe ser agora aprobada pola Xunta de Goberno da Deputaci\u00f3n de Lugo, como \u00f3rgano competente para a resoluci\u00f3n da convocatoria dos distintivos, e posteriormente publicarase no Bolet\u00edn Oficial da Provincia (BOP). Os premiados recibir\u00e1n a s\u00faa distinci\u00f3n nun acto que celebrar\u00e1 a instituci\u00f3n provincial o vindeiro 27 de setembro, con motivo do D\u00eda Mundial do Turismo.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">O xurado estivo formado por 18 persoas que forman o Consello de Turismo, vinculadas a este sector e coa presenza de representantes dos tres grupos pol\u00edticos da Corporaci\u00f3n provincial.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">A Vicepresidenta do Consello de Turismo destacou a \u201ccalidade e o nivel\u201d das candidaturas presentadas, e destacou que son un claro exemplo do modelo de turismo polo que aposta a instituci\u00f3n provincial como factor de desenvolvemento social e econ\u00f3mico do rural, \u201cun modelo sostible e de calidade, que aproveita o potencial do noso territorio, tanto hist\u00f3rico e medioambiental, como cultural ou gastron\u00f3mico\u201d.<\/p>\n<p class=\"text-align-center\"><strong>Cinco reco\u00f1ecementos en tres categor\u00edas<\/strong><\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Na categor\u00eda Lugo Cambia ao turismo lucense, o xurado acordou distinguir a cinco proxectos tur\u00edsticos e entidades da provincia, e un acc\u00e9sit, en funci\u00f3n duns m\u00e9ritos e caracter\u00edsticas propias que axudan a promover un turismo de calidade na provincia. Son as seguintes:<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">&#8211; A Ruta dos Lobos da Fonsagrada \u00a0resultou distinguido polo ser unha cita ciclotur\u00edstica que vai m\u00e1is al\u00f3 do aspecto deportivo, que ten un efecto multiplicador e transversal para a comarca da Fonsagrada e o conxunto da provincia. A ruta nace como iniciativa dun grupo de persoas, afeccionados \u00e1 bicicleta, que deciden ensinar de forma sostible o potencial dunha pequena localidade como \u00e9 A Fonsagrada. A celebraci\u00f3n desta cita amosa zonas dun alto valor medioambiental e ten unha enorme repecursi\u00f3n econ\u00f3mica e vertente social.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">&#8211; A Mina Consuelo e Boulloso impulsada polo Concello da Pontenova, foi premiada polo xurado pola s\u00faa aposta dos recursos locais, e por po\u00f1er en valor a arqueolox\u00eda mineiro-industrial que conserva as s\u00faas orixes mineiras. O Concello da Pontenova restaurou no ano 2020 o antigo forno do Boulloso, situado xunto \u00e1 Ruta do Ferrocarril, dando visibilidade ao patrimonio industrial ligado \u00e1 miner\u00eda de ferro. Posteriormente, en febreiro de 2022 habilitouse a Mina Consuelo para as visitas e inaugurouse a maior tirolina de Galicia, constru\u00edda grazas ao apoio econ\u00f3mico da Deputaci\u00f3n Provincial de Lugo e que recrea o trazado do antigo tranv\u00eda a\u00e9reo mineiro. Esta infraestrutura constitu\u00edu un verdadeiro impulso do turismo deste concello, con incidencia na contorna da Mari\u00f1a e en toda a provincia.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Polo que respecta \u00e1 categor\u00eda &#8230;E para comer, Lugo \u00e1 gastronom\u00eda lucense, o Concello de Ribas de Sil recibe este galard\u00f3n pola s\u00faa Festa da Cereixa, do Vi\u00f1o e da Aceite que pon en valor tres produtos de calidade da gastronom\u00eda da provin ia. Hai xa 22 anos que o Concello de Ribas de Sil decidiu que era preciso po\u00f1er en valor un produto tan singular como \u00e9 a cereixa, que fai que madure antes que en moitas outras zonas.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">-Tam\u00e9n nesta categor\u00eda foi galardoada a Feira do Cap\u00f3n de Vilalba pola s\u00faa antig\u00fcidade, singularidade, arraigamento e valor cultural. O cap\u00f3n de Vilalba ten unha longa historia, do cal temos referencias bibliogr\u00e1ficas que nos falan da existencia de cap\u00f3ns na zona desde o ano 1521. Ademais, destaca por ser a \u00fanica feira en Galicia destas caracter\u00edsticas, sendo a m\u00e1is arraigada no tempo, e conta cun elevado n\u00famero de criadores de cap\u00f3ns na zona, e consumidores fieis a un producto de alta calidade, mantendo ano tras ano unha feira tradicional.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Por \u00faltimo, na categor\u00eda de Turismo Sostible resultou ga\u00f1ador o Barco Museo Reina do Carmen de Burela por dar a co\u00f1ecer e conservar o patrimonio etnogr\u00e1fico relacionado coas xentes do mar. Durante as visitas guiadas ao Barco Museo b\u00fascase po\u00f1er en valor o uso de pr\u00e1cticas non invasivas para a biodiversidade oce\u00e1nica e a concienciaci\u00f3n sobre os problemas ecol\u00f3xicos, sociais e econ\u00f3micos que ve\u00f1en dados polo uso de artes non controladas e de sobreexplotaci\u00f3n dos mares. A aposta polas visitas escolares ao Barco mantense ano tras ano dada a importancia da educaci\u00f3n ambiental desde a infancia.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">O Consello de Turismo tam\u00e9n decidiu outorgar na categor\u00eda Turismo Sostible un acc\u00e9sit \u00e1 Mostra Exposici\u00f3n de Muimenta (Moexmu).<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Os premiados nas tres categor\u00edas recibir\u00e1n os seus galard\u00f3ns cun car\u00e1cter honor\u00edfico e consistir\u00e1n na entrega dun diploma acreditativo e dun agasallo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Vicepresidenta do Consello Provincial de Turismo e Deputada de R\u00e9xime Interior, Promoci\u00f3n do Territorio e Turismo, Pilar Garc\u00eda Porto, presidiu este xoves no Sal\u00f3n de Plenos a reuni\u00f3n do Consello Provincial de Turismo na que se fallaron os sextos Premios \u00e1 Excelencia de Turismo nas categor\u00edas de Lugo Cambia ao Turismo Lucense, e, \u2026E &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":14314,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-14316","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14316","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14316"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14316\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/14314"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14316"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14316"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14316"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}