{"id":14334,"date":"2024-07-19T12:54:28","date_gmt":"2024-07-19T12:54:28","guid":{"rendered":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/a-deputacion-dedica-110-000e-a-43-proxectos-ambientais-para-impulsar-as-reservas-da-biosfera\/"},"modified":"2024-07-19T12:54:28","modified_gmt":"2024-07-19T12:54:28","slug":"a-deputacion-dedica-110-000e-a-43-proxectos-ambientais-para-impulsar-as-reservas-da-biosfera","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/a-deputacion-dedica-110-000e-a-43-proxectos-ambientais-para-impulsar-as-reservas-da-biosfera\/","title":{"rendered":"A Deputaci\u00f3n dedica 110.000\u20ac a 43 proxectos ambientais para impulsar as Reservas da Biosfera"},"content":{"rendered":"<p class=\"text-align-justify\">A Xunta de Goberno da Deputaci\u00f3n de Lugo aprobou este venres a listaxe provisional das entidades beneficiarias da li\u00f1a de axudas en r\u00e9xime de concorrencia competitiva que convoca a instituci\u00f3n provincial por un importe de 110.000\u20ac para entidades sen \u00e1nimo de lucro asentadas ou que te\u00f1en o seu \u00e1mbito de actuaci\u00f3n nas Reservas da Biosfera Terras do Mi\u00f1o e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerre\u00e1.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">A Voceira socialista do Goberno, Pilar Garc\u00eda Porto, destacou que este ano son 43 as que foron admitidas, e que \u00abcada ano estamos a rexistrar un aumento na presentaci\u00f3n de solicitudes, acadando nesta ocasi\u00f3n un total de 47. Isto confirma a boa acollida desta iniciativa entre o tecido asociativo, e nos permite avanzar na promoci\u00f3n do co\u00f1ecemento e do desenvolvemento sostible destes territorios\u201d.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Segundo apuntou Pilar Garc\u00eda Porto, esta \u00e9 a cuarta edici\u00f3n desta li\u00f1a de axudas, \u201cque iniciamos no pasado mandato, e que dado o \u00e9xito acadado, incrementamos hai un ano o orzamento nun 30%, ata alcanzar os 110.000\u20ac\u201d. Un aumento, engadiu \u201cque nos permite desenvolver m\u00e1is proxectos de dinamizaci\u00f3n das Reservas da Biosfera\u201d.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Estas axudas te\u00f1en por finalidade apoiar proxectos vinculados ao medio ambiente e o rural que po\u00f1an en valor o patrimonio natural, cultural e paisax\u00edstico destes territorios. \u201cForman parte da estratexia que promovemos dende a instituci\u00f3n provincial para favorecer o coidado das Reservas da Biosfera que xestionamos, ao mesmo tempo, que impulsar o seu desenvolvemento econ\u00f3mico dun xeito sostible e contando co tecido social e produtivo da zona\u201d, enfatizou a Voceira socialista do Goberno.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">En concreto, a instituci\u00f3n provincial ten d\u00faas li\u00f1as de axudas, destinando un total de 60.000\u20ac para actividades na Reserva da Biosfera Terras do Mi\u00f1o e 50.000\u20ac para a dos Ancares Lucenses, repartidos en axudas de entre 1.000\u20ac e 7.000\u20ac por cada proxecto presentado.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Na listaxe provisional aprobada na Xunta de Goberno de hoxe figuran iniciativas tan diversas como a mellora de cami\u00f1os, tarefas de conservaci\u00f3n de contornas naturais, desenvolvemento de xornadas de divulgaci\u00f3n e promoci\u00f3n dos territorios, obradoiros de artesan\u00eda, ou actividades educativas con colexios vinculadas \u00e1 agricultura ecol\u00f3xicas. A vindeira semana publicarase a listaxe das entidades beneficiarias no Bolet\u00edn Oficial da Provincia, e a partir desa data abrirase un prazo de 10 d\u00edas h\u00e1biles para presentar alegaci\u00f3ns.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Xunta de Goberno da Deputaci\u00f3n de Lugo aprobou este venres a listaxe provisional das entidades beneficiarias da li\u00f1a de axudas en r\u00e9xime de concorrencia competitiva que convoca a instituci\u00f3n provincial por un importe de 110.000\u20ac para entidades sen \u00e1nimo de lucro asentadas ou que te\u00f1en o seu \u00e1mbito de actuaci\u00f3n nas Reservas da Biosfera &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":14332,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-14334","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14334","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14334"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14334\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/14332"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14334"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14334"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14334"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}