{"id":14614,"date":"2025-09-17T12:22:05","date_gmt":"2025-09-17T12:22:05","guid":{"rendered":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/o-presidente-da-deputacion-de-lugo-felicita-a-oliver-laxe-polo-exito-de-sirat-que-representara-a-espana-nos-oscar\/"},"modified":"2025-09-17T12:22:05","modified_gmt":"2025-09-17T12:22:05","slug":"o-presidente-da-deputacion-de-lugo-felicita-a-oliver-laxe-polo-exito-de-sirat-que-representara-a-espana-nos-oscar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/o-presidente-da-deputacion-de-lugo-felicita-a-oliver-laxe-polo-exito-de-sirat-que-representara-a-espana-nos-oscar\/","title":{"rendered":"O Presidente da Deputaci\u00f3n de Lugo felicita a \u00d3liver Laxe polo \u00e9xito de Sir\u00e2t, que representar\u00e1 a Espa\u00f1a nos Oscar"},"content":{"rendered":"<p class=\"text-align-justify\">O Presidente da Deputaci\u00f3n de Lugo, Jos\u00e9 Tom\u00e9 Roca, quere expresar a s\u00faa fonda satisfacci\u00f3n e orgullo polo \u00e9xito do cineasta lucense \u00d3liver Laxe, a quen xa transmitiu persoalmente os seus parab\u00e9ns tras co\u00f1ecerse que a s\u00faa pel\u00edcula Sir\u00e2t foi elixida para representar a Espa\u00f1a nos premios Oscar 2026.\u201c\u00c9 un orgullo para toda a provincia que o talento dun fillo de Navia de Suarna sit\u00fae a Lugo e a Galicia no mapa cultural e cinematogr\u00e1fico mundial\u201d.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">O Presidente subli\u00f1ou que Laxe non s\u00f3 acadou grandes \u00e9xitos en festivais como Cannes \u2014onde Sir\u00e2t obtivo o Premio do Xurado e unha ovaci\u00f3n de sete minutos\u2014, sen\u00f3n que, ao longo da s\u00faa carreira, \u201cconsolidou un estilo \u00fanico, reco\u00f1ecible pola s\u00faa sensibilidade art\u00edstica, a s\u00faa profunda conexi\u00f3n coa natureza e coa paisaxe galega e a s\u00faa capacidade para fusionar o local e o universal nunha linguaxe cinematogr\u00e1fica que emociona en todo o mundo\u201d.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">\u201cPel\u00edculas como Todos v\u00f3s sodes capit\u00e1ns, Mimosas ou O que arde amosan esa maneira de entender o cine como un acto po\u00e9tico e espiritual, onde as persoas, as s\u00faas ra\u00edces e a contorna te\u00f1en un papel protagonista\u201d, afirmou o mandatario provincial. Sir\u00e2t, rodada entre Marrocos e Arag\u00f3n, con escenas en raves reais e unha historia chea de forza humana e simbolismo, \u201cconfirma a madurez creativa dun director que nunca esqueceu a s\u00faa orixe na aldea de Vilela, Navia de Suarna, onde vive e onde fundou a asociaci\u00f3n art\u00edstica Ser para seguir creando e compartindo cultura desde o rural. Un feito que nos enche de orgullo e serve de espello para mirarse \u00e1 nosa mocidade\u201d, detallou.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">\u201c\u00d3liver Laxe representa unha maneira diferente de facer cine\u201d, sinalou Jos\u00e9 Tom\u00e9. \u201cA s\u00faa obra \u00e9 fonda, contemplativa e humana, mais ao mesmo tempo vibrante e universal. \u00c9 un orgullo para a nosa provincia contar cun creador que sabe transformar a nosa identidade, a nosa lingua e a nosa paisaxe en arte con mai\u00fasculas\u201d.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">O Presidente destacou tam\u00e9n o compromiso da Deputaci\u00f3n de Lugo coa cultura e co audiovisual galego, lembrando que \u201capoiar o talento creativo \u00e9 apostar polo futuro, pola proxecci\u00f3n internacional e polo desenvolvemento cultural e econ\u00f3mico da provincia\u201d.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Nese sentido, Jos\u00e9 Tom\u00e9 Roca convida a toda a cidadan\u00eda a celebrar este \u00e9xito colectivo e a apoiar Sir\u00e2t: \u201cPorque cando un fillo da provincia brilla, brilla Lugo enteiro, e o talento de \u00d3liver Laxe \u00e9 un exemplo do mellor que podemos ofrecer ao mundo\u201d.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Presidente da Deputaci\u00f3n de Lugo, Jos\u00e9 Tom\u00e9 Roca, quere expresar a s\u00faa fonda satisfacci\u00f3n e orgullo polo \u00e9xito do cineasta lucense \u00d3liver Laxe, a quen xa transmitiu persoalmente os seus parab\u00e9ns tras co\u00f1ecerse que a s\u00faa pel\u00edcula Sir\u00e2t foi elixida para representar a Espa\u00f1a nos premios Oscar 2026.\u201c\u00c9 un orgullo para toda a provincia &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":14610,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-14614","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14614","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14614"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14614\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/14610"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14614"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14614"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14614"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}