{"id":14638,"date":"2025-06-30T08:22:14","date_gmt":"2025-06-30T08:22:14","guid":{"rendered":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/exito-rotundo-das-actividades-ambientais-da-reserva-terras-do-mino-que-esgotaron-case-todas-as-prazas-do-3o-trimestre-en-so-30-minutos\/"},"modified":"2025-06-30T08:22:14","modified_gmt":"2025-06-30T08:22:14","slug":"exito-rotundo-das-actividades-ambientais-da-reserva-terras-do-mino-que-esgotaron-case-todas-as-prazas-do-3o-trimestre-en-so-30-minutos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/exito-rotundo-das-actividades-ambientais-da-reserva-terras-do-mino-que-esgotaron-case-todas-as-prazas-do-3o-trimestre-en-so-30-minutos\/","title":{"rendered":"\u00c9xito rotundo das actividades ambientais da Reserva Terras do Mi\u00f1o, que esgotaron case todas as prazas do 3\u00ba trimestre en s\u00f3 30 minutos"},"content":{"rendered":"<p class=\"text-align-justify\">A programaci\u00f3n de actividades ambientais da Reserva da Biosfera Terras do Mi\u00f1o para o 3\u00ba trimestre foi todo un \u00e9xito no seu primeiro d\u00eda de inscrici\u00f3ns. A Deputaci\u00f3n de Lugo abriu esta ma\u00f1\u00e1 o prazo e, en tan s\u00f3 30 minutos, esgot\u00e1ronse case todas as prazas ofertadas. Das 80 prazas dispo\u00f1ibles, actualmente s\u00f3 quedan libres cinco, correspondentes a unha actividade deportiva que se desenvolver\u00e1 entre o 15 e o 19 de setembro no Centro de Interpretaci\u00f3n Terras do Mi\u00f1o. As persoas interesadas poden formalizar a s\u00faa inscrici\u00f3n a trav\u00e9s da p\u00e1xina web da instituci\u00f3n provincial.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">A programaci\u00f3n de actividades para a Reserva dos Ancares tam\u00e9n abriu hoxe as inscrici\u00f3ns, que incl\u00fae 6 propostas de educaci\u00f3n ambiental cun total de 95 prazas dispo\u00f1ibles para todos os p\u00fablicos, e que se desenvolver\u00e1n do 25 de xullo ao 18 de outubro.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Estas actividades est\u00e1n pensadas para promover o co\u00f1ecemento do medio natural e fomentar a educaci\u00f3n ambiental a trav\u00e9s de propostas gratu\u00edtas e adaptadas a diferentes p\u00fablicos, combinando ocio, aprendizaxe e respecto polo entorno.<\/p>\n<p class=\"text-align-center i4t-title-institucion\"><strong>Actividades na Reserva da Biosfera Terras do Mi\u00f1o<\/strong><\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">As actividades na Reserva Terras do Mi\u00f1o comezar\u00e1n no Centro de Interpretaci\u00f3n Terras do Mi\u00f1o cunha actividade para familias con nenos e nenas que leva de t\u00edtulo Obradoiro: Crea, Innova e Protexe. Ter\u00e1 lugar os d\u00edas 7, 8, 9, 10 e 11 de xullo en horario de 10:00 a 14:00 horas.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">No mes de setembro desenvolveranse todas as actividades ofertadas no Centro de Interpretaci\u00f3n Terras do Mi\u00f1o. Do 1 ao 5 de setembro realizarase un roteiro infantil guiado pola contorna natural do r\u00edo Mi\u00f1o. Dos d\u00edas 8 ao 12 ter\u00e1 lugar o obradoiro Recicla e Repara: Pequenos Arranxos e Grandes Ideas; do 22 ao 26, impartirase o Curso pr\u00e1ctico de Cultivos Hidrop\u00f3nicos; e os d\u00edas 29 e 30 e 1, 2 e 3 de outubro, desenvolverase un taller de t\u00e9cnicas b\u00e1sicas con flores secas.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Ademais, no Centro de Interpretaci\u00f3n Terras do Mi\u00f1o do 15 ao 19 setembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, haber\u00e1 unha actividade deportiva para adultos. Tr\u00e1tase da \u00fanica actividade na reserva Terras do Mi\u00f1o da que quedan prazas libres.<\/p>\n<p class=\"text-align-center i4t-title-institucion\"><strong>Actividades na Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses<\/strong><\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">As actividades na Reserva dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerre\u00e1 arrancar\u00e1n o 25 de xullo en Piornedo, de Cervantes, cunha xornada de observaci\u00f3n solar, en horario de 18:00 a 19:30 horas, e a continuaci\u00f3n a xornada continuar\u00e1 cunha observaci\u00f3n nocturna, en horario 22:45 a 00:15 horas. Hai 25 prazas para todos os p\u00fablicos. No edificio de Servizos m\u00faltiples do municipio cervantego o 12 e 19 de setembro haber\u00e1 un curso de ferramentas de venda online para emprendedores no rural. Ser\u00e1 para todos os p\u00fablicos, en horario de 16:00 a 21:00 horas.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Navia de Suarna acoller\u00e1 o 12 de agosto en Vilaverde un obradoiro de Astronom\u00eda, en horario de 22:00 a 02:00 horas. A xornada repetirase o 18 de agosto en Vilela. Est\u00e1 destinado a p\u00fablico en xeral e hai dispo\u00f1ibles 20 prazas para cada xornada. \u00a0Tam\u00e9n Navia, en Casa Qui\u00f1ones, os d\u00edas 6 e 7 de setembro ter\u00e1 lugar un obradoiro de t\u00e9cnicas de elaboraci\u00f3n e traballo do feltro. O horario ser\u00e1 o s\u00e1bado entre as 16:00 a 20:00 horas, e o domingo de 10:00 a 14:00 horas, contando con 10 prazas destinadas a todos os p\u00fablicos.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">As actividades finalizar\u00e1n en Becerre\u00e1 cun Obradoiro de Olar\u00eda tradicional que ter\u00e1 lugar en d\u00faas xornadas, o 20 de setembro e o 18 de outubro. Ter\u00e1n lugar en horario de 10:00 a 14:00 horas no Centro Social de Becerre\u00e1 con 15 prazas dispo\u00f1ibles para p\u00fablico en xeral. Ademais, neste municipio o d\u00eda 27 \u00a0de setembro desenvolverase \u00a0un Curso de Orientaci\u00f3n na Monta\u00f1a, de 10:00 a 14:00 horas e haber\u00e1 15 prazas dispo\u00f1ibles para adultos.<\/p>\n<p class=\"text-align-center i4t-title-institucion\"><strong>Como inscribirse<\/strong><\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">As persoas interesadas poden anotarse a trav\u00e9s das diferentes canles dispo\u00f1ibles, chamando ao n\u00famero de tel\u00e9fono 982.305.930 e 982.227.812, enviando un correo electr\u00f3nico para as actividades que se desenvolven na Reserva dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerre\u00e1. No caso das cinco actividades que quedan na Reserva de Terras do Mi\u00f1o hai un espazo virtual habilitado na p\u00e1xina web da Deputaci\u00f3n de Lugo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A programaci\u00f3n de actividades ambientais da Reserva da Biosfera Terras do Mi\u00f1o para o 3\u00ba trimestre foi todo un \u00e9xito no seu primeiro d\u00eda de inscrici\u00f3ns. A Deputaci\u00f3n de Lugo abriu esta ma\u00f1\u00e1 o prazo e, en tan s\u00f3 30 minutos, esgot\u00e1ronse case todas as prazas ofertadas. Das 80 prazas dispo\u00f1ibles, actualmente s\u00f3 quedan libres &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":14636,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-14638","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14638","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14638"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14638\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/14636"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14638"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14638"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14638"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}