{"id":14710,"date":"2025-12-04T10:46:30","date_gmt":"2025-12-04T10:46:30","guid":{"rendered":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/o-presidente-acende-o-nadal-en-san-marcos\/"},"modified":"2025-12-04T10:46:30","modified_gmt":"2025-12-04T10:46:30","slug":"o-presidente-acende-o-nadal-en-san-marcos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/o-presidente-acende-o-nadal-en-san-marcos\/","title":{"rendered":"O Presidente acende o Nadal en San Marcos"},"content":{"rendered":"<p class=\"text-align-justify\">O Presidente da Deputaci\u00f3n de Lugo, Jos\u00e9 Tom\u00e9 Roca, prendeu este xoves pola tarde o alumeado e decoraci\u00f3n navide\u00f1a da sede provincial nun acto na Praza de San Marcos. \u00c1 cita acheg\u00e1ronse decenas de nenos e nenas, empregados provinciais e veci\u00f1os e veci\u00f1as, que desfrutaron dun ambiente festivo e cheo de ilusi\u00f3n coa participaci\u00f3n dos Bolechas e coa interpretaci\u00f3n de panxoli\u00f1as interpretadas polo Orfe\u00f3n Lucense.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">O Presidente destacou que que a iluminaci\u00f3n do edificio combina tecnolox\u00eda LED de alta eficiencia, que permite un maior aforro enerx\u00e9tico e econ\u00f3mico, co dese\u00f1o pensado para animar \u00e1 cidadan\u00eda a visitar o centro de Lugo e apoiar ao comercio local. \u201cQueremos contribu\u00edr, nestas datas tan sinaladas, a encher de vida e ilusi\u00f3n esta c\u00e9ntrica praza da capital, ao mesmo tempo que resaltamos a importancia deste emblem\u00e1tico edificio da provincia\u201d, subli\u00f1ou o mandatario provincial.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">No acto, estiveron presentes tam\u00e9n Deputados provinciais; a Tenente de Alcalde e Concelleira de Xesti\u00f3n Integral de Recursos Internos do Concello de Lugo, Ana Gonz\u00e1lez Abelleira; a Subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia L\u00f3pez Rodr\u00edguez; \u00a0e alcaldes, alcaldesas e representantes municipais de toda a provincia.<\/p>\n<p class=\"text-align-center i4t-title-institucion\"><strong>A provincia de Lugo, protagonista do \u00faltimo libro dos Bolechas<\/strong><\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">\nPreviamente ao acendido, os rapaces e rapazas participaron no Sal\u00f3n de Actos da instituci\u00f3n provincial na presentaci\u00f3n do \u00faltimo libro dos Bolechas, Unha viaxe por Lugo. Unha provincia natural, que promoveu a Deputaci\u00f3n de Lugo. \u00a0\u201cA trav\u00e9s desta nova aventura da co\u00f1ecida serie infantil buscamos que os m\u00e1is pequenos co\u00f1ezan e valoren a provincia de Lugo dun xeito divertido e pr\u00f3ximo\u201d, indicou o Presidente quen engadiu que a riqueza paisax\u00edstica, patrimonial, natural e cultural da provincia, lembrando que moitas veces non somos conscientes da sorte que temos\u201d.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">A publicaci\u00f3n percorre distintos puntos da provincia, desde a Ribeira Sacra e Os Ancares ata A Chaira e A Mari\u00f1a, pasando pola cidade de Lugo. As\u00ed mesmo, mostra as d\u00faas Reservas da Biosfera xestionadas pola Deputaci\u00f3n: Terras do Mi\u00f1o e Os Ancares Lucenses, aut\u00e9nticas xoias naturais reco\u00f1ecidas mundialmente. \u201cTr\u00e1tase de que os m\u00e1is novos descubran lugares novos, medren coa conciencia de que Lugo \u00e9 un territorio \u00fanico e aprendan a coidar e valorar o seu entorno d\u00eda a d\u00eda\u201d, engadiu Tom\u00e9 Roca.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Ao remate do acto, cada neno e nena recibiu un exemplar do libro, co que poder\u00e1n continuar explorando a provincia coa s\u00faa familia ou cos amigos. Ademais, todos os asistentes levaron unha mochila da Deputaci\u00f3n con lapis de cores.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Presidente da Deputaci\u00f3n de Lugo, Jos\u00e9 Tom\u00e9 Roca, prendeu este xoves pola tarde o alumeado e decoraci\u00f3n navide\u00f1a da sede provincial nun acto na Praza de San Marcos. \u00c1 cita acheg\u00e1ronse decenas de nenos e nenas, empregados provinciais e veci\u00f1os e veci\u00f1as, que desfrutaron dun ambiente festivo e cheo de ilusi\u00f3n coa participaci\u00f3n dos &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":14708,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-14710","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14710","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14710"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14710\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/14708"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14710"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14710"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14710"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}