{"id":14797,"date":"2026-01-23T13:03:16","date_gmt":"2026-01-23T13:03:16","guid":{"rendered":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/a-deputacion-lanza-en-fitur-a-sua-aposta-pola-natureza-da-man-do-cineasta-oliver-laxe\/"},"modified":"2026-01-23T13:03:16","modified_gmt":"2026-01-23T13:03:16","slug":"a-deputacion-lanza-en-fitur-a-sua-aposta-pola-natureza-da-man-do-cineasta-oliver-laxe","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/a-deputacion-lanza-en-fitur-a-sua-aposta-pola-natureza-da-man-do-cineasta-oliver-laxe\/","title":{"rendered":"A Deputaci\u00f3n lanza en FITUR a s\u00faa aposta pola natureza da man do cineasta \u00d3liver Laxe"},"content":{"rendered":"<p class=\"text-align-justify\">A Presidenta da Deputaci\u00f3n de Lugo, Carmela L\u00f3pez, presentou este venres en FITUR, xunto ao cineasta \u00d3liver Laxe, a campa\u00f1a tur\u00edstica da instituci\u00f3n provincial Provincia de Lugo, Reserva Natural. Unha iniciativa que aposta pola riqueza natural do territorio lucense como eixo dun modelo tur\u00edstico sostible, non masificado e vencellado ao territorio. Arrancou o acto no expositor de Galicia o presentador David Vilares, dando a benvida aos asistentes interpretando cunha pandeireta A Xota e A Muli\u00f1eira de Cela, d\u00faas pezas de m\u00fasica e baile tradicionais recollidas e transmitidas pola tradici\u00f3n oral.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Arrouparon a Carmela L\u00f3pez na presentaci\u00f3n da campa\u00f1a lucense a Vicepresidenta Segunda do Goberno, Yolanda D\u00edaz, a Deputada de R\u00e9xime Interior, Promoci\u00f3n do Territorio e Turismo, Pilar Garc\u00eda Porto; o Deputado da \u00c1rea de Participaci\u00f3n Cidad\u00e1, Iv\u00e1n Castro D\u00edaz; a Deputada da \u00c1rea de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira Morandeira; o Deputado da \u00c1rea de Medio Ambiente, Carlos L\u00f3pez L\u00f3pez; as\u00ed como Alcaldes e Alcaldesas da provincia de Lugo.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Provincia de Lugo, Reserva Natural contou para a s\u00faa presentaci\u00f3n na Feira Internacional de Turismo que se celebra estes d\u00edas en Madrid co cineasta internacional \u00d3liver Laxe, con fondas ra\u00edces nos Ancares lucenses e representante da Asociaci\u00f3n SER de Navia de Suarna; e con Marti\u00f1o Cabana, da Asociaci\u00f3n Galega de Custodia do Territorio con sede na Casa das Insuas de R\u00e1bade. D\u00faas persoas profundamente co\u00f1ecedoras do territorio e do traballo que nel se desenvolve e que puxeron voz a dous territorios cunha identidade propia que marcou a s\u00faa forma de entender a vida.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">\nCarmela L\u00f3pez destacou durante a s\u00faa intervenci\u00f3n, que m\u00e1is do 80% da superficie da provincia est\u00e1 declarada Reserva da Biosfera e que iso \u201cdef\u00ednenos. Fala dun territorio coidado, diverso e aut\u00e9ntico; que \u00e9 o que buscan hoxe as persoas cando viaxan\u201d. Puntualizou que a Deputaci\u00f3n de Lugo xestiona dous deses territorios: as Reservas da Biosfera Terras do Mi\u00f1o e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerre\u00e1.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">\u201cApostamos polas Reservas da Biosfera como espazos vivos, onde o desenvolvemento sostible constr\u00faese desde o respecto e a identidade\u201d, valorou. Subli\u00f1ou que, das d\u00faas reservas que xestiona a Deputaci\u00f3n, Terras do Mi\u00f1o foi a primeira declarada en Galicia no ano 2022 e que \u00e9 a \u00fanica da Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica que alberga unha capital de provincia (Lugo) o que d\u00e1 conta da s\u00faa integraci\u00f3n co medio que a rodea. Ancares lucenses, pola s\u00faa banda, celebra este ano o seu 20 aniversario e faino desenvolvendo a s\u00faa distinci\u00f3n como Destino Tur\u00edstico Starlight, \u201cun territorio onde o ceo nocturno contin\u00faa sendo puro\u201d. E sinalou que o vindeiro 12 de agosto, a provincia ser\u00e1 un lugar privilexiado para observar o eclipse solar pola s\u00faa posici\u00f3n.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Puxo en valor a Presidenta o modelo polo que aposta a Deputaci\u00f3n de Lugo: \u201cUn turismo de calidade, de equilibrio co territorio e de compromiso cos seus habitantes\u201d. Comprometeuse a continuar impulsando este modelo \u201ccon convicci\u00f3n e ilusi\u00f3n, porque conecta co que somos e posiciona a nosa provincia como un destino con personalidade propia e con futuro\u201d. L\u00f3pez explicou que a campa\u00f1a nace dun modelo baseado na colaboraci\u00f3n participativa dos concellos e do tecido asociativo implantado nas Reservas para xestionar estes territorios, e co obxectivo de conservar o patrimonio natural e cultural e, ao mesmo tempo, xerar riqueza e emprego desde a sustentabilidade.<\/p>\n<p class=\"text-align-center i4t-title-institucion\"><strong>Un novo audiovisual<\/strong><\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">\nDurante o acto estreouse un novo audiovisual promocional que percorre as d\u00faas Reservas da Biosfera xestionadas pola Deputaci\u00f3n, amosando a s\u00faa diversidade paisax\u00edstica, o seu valor ecol\u00f3xico e o v\u00ednculo coas persoas que habitan e coidan o territorio. Nel se proxectaron algunhas das marabillas naturais da provincia, como as zonas h\u00famidas da Terra Ch\u00e1, a contorna do Mi\u00f1o, ou as aldeas tradicionais da Monta\u00f1a Lucense, como Piornedo.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Unha peza que \u00e9 a antesala dun proxecto m\u00e1is amplo de produci\u00f3n de contidos audiovisuais impulsado pola Deputaci\u00f3n, que incl\u00fae a elaboraci\u00f3n de dous v\u00eddeos documentais con m\u00faltiples reportaxes protagonizadas por persoas emprendedoras, profesionais, entidades e colectivos que desenvolven o seu labor nas reservas. Un material que pensa difundir tam\u00e9n a trav\u00e9s das canles de RTVE e plataformas dixitais.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Presidenta da Deputaci\u00f3n de Lugo, Carmela L\u00f3pez, presentou este venres en FITUR, xunto ao cineasta \u00d3liver Laxe, a campa\u00f1a tur\u00edstica da instituci\u00f3n provincial Provincia de Lugo, Reserva Natural. Unha iniciativa que aposta pola riqueza natural do territorio lucense como eixo dun modelo tur\u00edstico sostible, non masificado e vencellado ao territorio. Arrancou o acto no &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":14795,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-14797","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14797","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14797"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14797\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/14795"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14797"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14797"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14797"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}