{"id":14881,"date":"2026-04-15T12:39:36","date_gmt":"2026-04-15T12:39:36","guid":{"rendered":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/carmela-lopez-e-oliver-laxe-amosan-o-potencial-da-reserva-da-biosfera-os-ancares-lucenses-ao-secretario-xeral-para-o-reto-demografico\/"},"modified":"2026-04-15T12:39:36","modified_gmt":"2026-04-15T12:39:36","slug":"carmela-lopez-e-oliver-laxe-amosan-o-potencial-da-reserva-da-biosfera-os-ancares-lucenses-ao-secretario-xeral-para-o-reto-demografico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/carmela-lopez-e-oliver-laxe-amosan-o-potencial-da-reserva-da-biosfera-os-ancares-lucenses-ao-secretario-xeral-para-o-reto-demografico\/","title":{"rendered":"Carmela L\u00f3pez e Oliver Laxe amosan o potencial da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses ao Secretario Xeral para o Reto Demogr\u00e1fico"},"content":{"rendered":"<p class=\"text-align-justify\">A Presidenta da Deputaci\u00f3n de Lugo, Carmela L\u00f3pez, e o director de cine e promotor da Asociaci\u00f3n SER, Oliver Laxe, amosaron este m\u00e9rcores o potencial da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses ao Secretario Xeral para o Reto Demogr\u00e1fico, Francisco Boya. Unha visita que se enmarca na creaci\u00f3n dun Centro de Innovaci\u00f3n Territorial (CIT) na provincia de Lugo como rede de colaboraci\u00f3n para a dinamizaci\u00f3n das zonas rurais en declive poboacional. Nese sentido, aproveitaron para co\u00f1ecer elementos que forman parte da estratexia de desenvolvemento sostible da comarca.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Destacou a mandataria provincial o compromiso da Deputaci\u00f3n de Lugo co futuro da Monta\u00f1a e subli\u00f1ou que \u201co\u00a0noso papel non se limita ao financiamento de proxectos, sen\u00f3n que implica tam\u00e9n estar presentes nos espazos onde se decide o futuro deste territorio, como \u00e9 a Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses\u201d. Nese sentido, puxo en valor o traballo conxunto\u00a0cos axentes sociais e co tecido produtivo do territorio, representado na visita pola Asociaci\u00f3n SER e a Cooperativa Carqueixa,\u00a0no marco da\u00a0gobernanza\u00a0da Reserva da Biosfera.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Carmela L\u00f3pez incidiu na gravidade do reto demogr\u00e1fico nunha zona que \u201cperdeu arredor dun 30% da s\u00faa poboaci\u00f3n nos \u00faltimos 15 anos, o que nos obriga a actuar con responsabilidade, coordinaci\u00f3n e unha visi\u00f3n a longo prazo para garantir o futuro destes concellos\u201d.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">A comitiva fixo\u00a0a s\u00faa primeira parada en San Rom\u00e1n de Cervantes, no antigo hotel\u00a0Bel\u00f3n, onde Oliver Laxe\u00a0lles presentou\u00a0un\u00a0proxecto\u00a0impulsado\u00a0a trav\u00e9s da Asociaci\u00f3n SER, en colaboraci\u00f3n coa Cooperativa A Carqueixa. Unha iniciativa que pretende transformar este establecemento hoteleiro en desuso nun centro integral de dinamizaci\u00f3n rural, orientado \u00e1 transformaci\u00f3n de produtos do territorio, \u00e1 creaci\u00f3n dunha tenda de produto\u00a0km0 que dea resposta \u00e1 falta de servizos b\u00e1sicos na contorna, \u00e1 apertura dunha cantina con piscina como espazo de encontro veci\u00f1al, e \u00e1 creaci\u00f3n dun aloxamento destinado tanto ao turismo como \u00e1 acollida de novos poboadores.\u00a0Un proxecto que\u00a0Boya\u00a0cualificou como \u201cinteresante e aut\u00e9ntico\u201d e que, segundo sinalou, o Goberno de Espa\u00f1a est\u00e1 a impulsar a trav\u00e9s dos CIT para replicar este tipo de iniciativas en distintos territorios, \u201ctraballando en rede para axudar e acelerar estes procesos no medio rural\u201d.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Despraz\u00e1ronse tam\u00e9n \u00e1s pallozas de San Rom\u00e1n, un dos elementos m\u00e1is representativos do patrimonio etnogr\u00e1fico dos Ancares, que constit\u00faen un exemplo singular da arquitectura tradicional e da memoria viva do modo de vida na monta\u00f1a. Esta parada permitiu po\u00f1er de relevancia a importancia de combinar a dinamizaci\u00f3n econ\u00f3mica e social do territorio coa conservaci\u00f3n e posta en valor do patrimonio cultural.<\/p>\n<p class=\"text-align-center i4t-title-institucion\"><strong>Unha rede que traballa tam\u00e9n na programaci\u00f3n cultural e ambiental<\/strong><\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Xa na aldea de\u00a0Vilela, en Navia de\u00a0Suarna, co\u00f1eceron da man do cineasta un conxunto de acci\u00f3ns que se prev\u00e9n desenvolver nos vindeiros anos no marco dun programa integral de revitalizaci\u00f3n dos Ancares. Esta estratexia combina cultura, participaci\u00f3n social e novas formas de xesti\u00f3n do territorio orientadas \u00e1 fixaci\u00f3n de poboaci\u00f3n e ao desenvolvemento sostible, inclu\u00edndo propostas como un\u00a0cineclube, un festival de m\u00fasicas, xincanas pedag\u00f3xicas, redes de apoio ao tecido asociativo ou un campus rural.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Xunto \u00e1 Presidenta da Deputaci\u00f3n, o cineasta e promotor da Asociaci\u00f3n SER e o Secretario Xeral para o Reto Demogr\u00e1fico, participaron na visita os alcaldes de Navia de\u00a0Suarna\u00a0e Cervantes,\u00a0Jos\u00e9\u00a0Fern\u00e1ndez e Benigno G\u00f3mez, as\u00ed como o xerente da Cooperativa A Carqueixa, Rom\u00e1n Besteiro. O percorrido inclu\u00edu tam\u00e9n unha visita ao dispositivo de protecci\u00f3n internacional xestionado pola ONG Rescate Internacional\u00a0en Becerre\u00e1<a id=\"_GoBack\" name=\"_GoBack\" data-insuit-uuid=\"14233125-d83f-4dcd-9378-0ea2b96f1334\"><\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Presidenta da Deputaci\u00f3n de Lugo, Carmela L\u00f3pez, e o director de cine e promotor da Asociaci\u00f3n SER, Oliver Laxe, amosaron este m\u00e9rcores o potencial da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses ao Secretario Xeral para o Reto Demogr\u00e1fico, Francisco Boya. Unha visita que se enmarca na creaci\u00f3n dun Centro de Innovaci\u00f3n Territorial (CIT) na &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":14879,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-14881","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14881","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14881"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14881\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/14879"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14881"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14881"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14881"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}