{"id":14920,"date":"2026-08-11T13:01:07","date_gmt":"2026-08-11T13:01:07","guid":{"rendered":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/quinta-de-cancelada-celebra-esta-fin-de-semana-a-festa-da-gaita-co-impulso-da-deputacion\/"},"modified":"2026-08-11T13:01:07","modified_gmt":"2026-08-11T13:01:07","slug":"quinta-de-cancelada-celebra-esta-fin-de-semana-a-festa-da-gaita-co-impulso-da-deputacion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/quinta-de-cancelada-celebra-esta-fin-de-semana-a-festa-da-gaita-co-impulso-da-deputacion\/","title":{"rendered":"Quint\u00e1 de Cancelada celebra esta fin de semana a Festa da Gaita co impulso da Deputaci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p class=\"text-align-justify\">A Deputada de R\u00e9xime Interior, Promoci\u00f3n do Territorio e Turismo, Pilar Garc\u00eda Porto, presentou na Praza de San Marcos este martes a XIX Festa da Gaita de Quint\u00e1 de Cancelada, no concello de Becerre\u00e1, na Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses. A cita organizada pola Asociaci\u00f3n Cultural e Deportiva Chao de Sebes celebrarase o 15 e o 16 de agosto nesta parroquia e conta cunha colaboraci\u00f3n da instituci\u00f3n provincial de 6.000\u20ac. No acto de presentaci\u00f3n a Deputada Provincial estivo acompa\u00f1ada por membros da asociaci\u00f3n e os grupos de m\u00fasica tradicional Biouteiro e Amigos dos Ancares.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Garc\u00eda Porto puxo en valor unha celebraci\u00f3n que \u201cchega xa \u00e1 s\u00faa d\u00e9cimo novena edici\u00f3n\u201d e que durante case d\u00faas d\u00e9cadas converteu Quint\u00e1 de Cancelada nun punto de encontro para os amantes da m\u00fasica e das tradici\u00f3ns galegas. A Deputada destacou o traballo da Asociaci\u00f3n Cultural e Deportiva Chao de Sebes e do seu presidente, Chema, por manter viva unha iniciativa \u201ctan arraigada \u00e1 nosa cultura\u201d, que contrib\u00fae ao relevo xeracional do folclore e fai soar \u201cno rural as nosas ra\u00edces\u201d.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Esta edici\u00f3n ten ademais un motivo especial de celebraci\u00f3n coa homenaxe que a Festa da Gaita render\u00e1 a Jos\u00e9 Antonio Geg\u00fandez, unha persoa cunha brillante traxectoria profesional como oftalm\u00f3logo que, a\u00ednda que desenvolveu a s\u00faa carreira en Madrid, mantivo sempre unha gran paix\u00f3n pola m\u00fasica tradicional galega e, especialmente, pola interpretaci\u00f3n da gaita. Garc\u00eda Porto destacou que \u201creco\u00f1ecer a Jos\u00e9 Antonio Geg\u00fandez \u00e9 tam\u00e9n reco\u00f1ecer a todas esas persoas que, desde diferentes \u00e1mbitos e lugares, contrib\u00faen a manter viva a nosa m\u00fasica e as nosas tradici\u00f3ns\u201d.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">As\u00ed mesmo, a Deputada reafirmou o compromiso da instituci\u00f3n provincial con esta celebraci\u00f3n \u201cporque entendemos que a cultura tam\u00e9n \u00e9 unha forma de facer territorio\u201d, e destacou a capacidade da Festa da Gaita para reunir persoas, atraer visitantes e dar visibilidade a Quint\u00e1 de Cancelada, po\u00f1endo en valor a s\u00faa gastronom\u00eda, os seus produtos e todo o que ofrece a monta\u00f1a lucense.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Neste sentido, puxo tam\u00e9n o foco na importancia de apoiar iniciativas que nacen no rural e que contrib\u00faen \u00e1 s\u00faa dinamizaci\u00f3n social e econ\u00f3mica. \u201cO rural ten presente e ten futuro cando hai persoas que se implican, que crean e que deciden seguir mostrando todo o que ofrece, que \u00e9 moito\u201d, afirmou.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">A programaci\u00f3n comezar\u00e1 o s\u00e1bado 15 de agosto coa celebraci\u00f3n do XIX Festival de M\u00fasica e Cantigas Tradicionais. \u00c1s 13.00 horas ter\u00e1 lugar a recepci\u00f3n dos participantes e \u00e1s 14.00 horas celebrarase o xantar popular. \u00c1s 15.00 horas comezar\u00e1n as actuaci\u00f3ns e, \u00e1s 16.00 horas, ter\u00e1 lugar a homenaxe ao gaiteiro Jos\u00e9 Antonio Geg\u00fandez. A partir das 16.30 horas celebrarase unha foliada e o concurso de cantigas e, \u00e1s 17.00 horas, dar\u00e1 comezo a verbena.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">O domingo 16 de agosto ter\u00e1 lugar a Festa da Gaita. A xornada arrancar\u00e1 \u00e1s 13.00 horas coa recepci\u00f3n dos participantes e \u00e1s 14.00 horas ter\u00e1 lugar o xantar e unha degustaci\u00f3n de Xata Galega Suprema. Pola tarde, \u00e1s 17.00 horas, sucederanse as actuaci\u00f3ns dos m\u00fasicos e agrupaci\u00f3ns asistentes e, \u00e1s 22.00 horas, a programaci\u00f3n pecharase cunha verbena e un concurso de baile.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Deputada de R\u00e9xime Interior, Promoci\u00f3n do Territorio e Turismo, Pilar Garc\u00eda Porto, presentou na Praza de San Marcos este martes a XIX Festa da Gaita de Quint\u00e1 de Cancelada, no concello de Becerre\u00e1, na Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses. A cita organizada pola Asociaci\u00f3n Cultural e Deportiva Chao de Sebes celebrarase o 15 &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":14918,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-14920","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14920","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14920"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14920\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/14918"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14920"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14920"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14920"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}