{"id":14966,"date":"2026-10-05T13:29:49","date_gmt":"2026-10-05T13:29:49","guid":{"rendered":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/mais-dunha-decena-de-persoas-saen-ao-bosque-en-piornedo-para-descubrir-o-mundo-dos-fungos-coa-rb-os-ancares-lucenses\/"},"modified":"2026-10-05T13:29:49","modified_gmt":"2026-10-05T13:29:49","slug":"mais-dunha-decena-de-persoas-saen-ao-bosque-en-piornedo-para-descubrir-o-mundo-dos-fungos-coa-rb-os-ancares-lucenses","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/mais-dunha-decena-de-persoas-saen-ao-bosque-en-piornedo-para-descubrir-o-mundo-dos-fungos-coa-rb-os-ancares-lucenses\/","title":{"rendered":"M\u00e1is dunha decena de persoas saen ao bosque en Piornedo para descubrir o mundo dos fungos coa RB Os Ancares Lucenses"},"content":{"rendered":"<p class=\"text-align-justify\">A Deputaci\u00f3n de Lugo contin\u00faa a achegar a cidadan\u00eda \u00e1 natureza e a promover o co\u00f1ecemento do patrimonio natural da provincia a trav\u00e9s da s\u00faa programaci\u00f3n de educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n ambiental na Reserva da Biosfera Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerre\u00e1.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Neste marco, m\u00e1is dunha decena de persoas na que participaron nenos e adultos de todas as idades sa\u00edron este domingo ao bosque nunha xornada micol\u00f3xica en Piornedo, na que \u00a0co\u00f1eceron de primeira man o mundo dos fungos e a riqueza natural dos Ancares. A actividade estivo guiada polo mic\u00f3logo Juan Alonso, da Sociedade Micol\u00f3xica Lucus, que acompa\u00f1ou aos participantes durante o percorrido polo monte e explicou as caracter\u00edsticas das diferentes especies que se foron atopando ao longo da xornada.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">A sa\u00edda permitiu aos asistentes observar e identificar os fungos no seu propio h\u00e1bitat, acheg\u00e1ndose \u00e1 diversidade micol\u00f3xica da zona e aprendendo a co\u00f1ecer e respectar os ecosistemas que forman parte da Reserva da Biosfera. A xornada forma parte da programaci\u00f3n ambiental do cuarto trimestre da Deputaci\u00f3n de Lugo nos Ancares Lucenses, a trav\u00e9s da \u00c1rea de Medio Ambiente que dirixe o deputado Carlos L\u00f3pez.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">A Deputaci\u00f3n volver\u00e1 a celebrar esta xornada micol\u00f3xica o pr\u00f3ximo 31 de outubro. Nesta ocasi\u00f3n, a actividade ter\u00e1 lugar na Escola de Barcia, en Navia de Suarna, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Contar\u00e1 con 25 prazas para adultos. As persoas interesadas poden inscribirse a trav\u00e9s do tel\u00e9fono 982 227 813 ou do correo electr\u00f3nico ancareslucenses@deputacionlugo.org.<\/p>\n<p class=\"text-align-center i4t-title-institucion\"><strong>Outras propostas ambientais nos Ancares<\/strong><\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">A programaci\u00f3n da Deputaci\u00f3n incl\u00fae tam\u00e9n outras actividades nos pr\u00f3ximos meses.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">O 7 de novembro celebrarase o Obradoiro de rescate en monta\u00f1a, dirixido a persoal de Protecci\u00f3n Civil e corpos de seguridade. A actividade ter\u00e1 lugar no Edificio de Servizos M\u00faltiples de San Rom\u00e1n de Cervantes e contar\u00e1 cunha parte te\u00f3rica, de 09:00 a 15:00 horas, e outra pr\u00e1ctica, de 16:30 a 22:30 horas, con exercicios de rescate tanto de d\u00eda como de noite. Haber\u00e1 15 prazas para adultos.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Os d\u00edas 21 e 28 de novembro ter\u00e1 lugar un obradoiro de cester\u00eda na Escola de Barcia, con 12 prazas para adultos. O d\u00eda 21 o horario ser\u00e1 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, mentres que o d\u00eda 28 ser\u00e1 de 10:00 a 14:00 horas.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Xa en decembro, os d\u00edas 4 e 11, o Centro Social de Becerre\u00e1 acoller\u00e1 un obradoiro de arte floral de Nadal, dirixido a adultos e con 15 prazas.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Por \u00faltimo, do 28 ao 30 de decembro, tam\u00e9n no Centro Social de Becerre\u00e1, desenvolveranse xogos e cantos de Nadal para nenos e nenas, con 15 prazas dispo\u00f1ibles.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Deputaci\u00f3n de Lugo contin\u00faa a achegar a cidadan\u00eda \u00e1 natureza e a promover o co\u00f1ecemento do patrimonio natural da provincia a trav\u00e9s da s\u00faa programaci\u00f3n de educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n ambiental na Reserva da Biosfera Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerre\u00e1. Neste marco, m\u00e1is dunha decena de persoas na que participaron nenos &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":14964,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-14966","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14966","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14966"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14966\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/14964"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14966"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14966"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14966"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}