Novas

103 acivros para conmemorar os Días da Árbore e da Auga

- Máis de 10.000 nenas e nenos de centros educativos de toda a provincia celebraron a xornada para reivindicar a importancia de coidar a auga e os bosques.

- Sonsoles López Izquierdo salientou que “con xornadas como a de hoxe fomentamos o coidado e respecto polo medio ambiente entre os máis pequenos”.

- A árbore escollida nesta ocasión foi o acivro, catalogada como especie protexida.

Ler máis

Máis de 10.000 nenas e nenos participarán na celebración dos Días Mundiais dos Bosques e da Auga

- Esta iniciativa inclúese nesta ocasión na programación do Festival da Biosfera, co que a Deputación ofrece ducias de actividades gratuítas para poñer en valor a importancia do medio natural.

- Un total de 103 colexios de toda a provincia plantarán un acivro de xeito simultáneo nas contornas dos centros. Destes, máis de 50 colexios participan por 4 ano consecutivo.

- A árbore escollida é o acivro, propia de zonas montañosas do centro e interior de Galicia e catalogada como especie protexida.

Ler máis

O Mazo de Santa Comba reabre as súas portas

- O conxunto etnográfico dedicado á auga conta con diversos paneis informativos con explicacións detalladas sobre o funcionamento dos enxeños que alberga.

- A Deputada salientou que “con estas últimas actuacións, reforzamos o papel do Mazo de como espazo lúdico-didáctico no que descubrir o papel fundamental do ciclo da auga no desenvolvemento do rural”.

- O organismo provincial converteu ao centro etnográfico nun espazo autosuficiente instalando unha turbina que xera electricidade completamente “verde” coa forza da auga.

Ler máis

Unhas mil persoas interesáronse na mostra da Capela de Santa María polo traballo dos ferreiros da provincia

Coa exposición Mans de Ferro, que reuniu unhas 150 pezas de 31 ferreiros lucenses, a Deputación rendeulle homenaxe a un oficio “que pode ofrecer moitas alternativas de futuro”.

Ler máis
This site is registered on wpml.org as a development site.