As Reservas da Biosfera son territorios cuxo obxectivo é harmonizar a conservación da diversidade biolóxica e cultural e o desenvolvemento económico e social a través da relación das persoas coa natureza.
Establécense sobre zonas ecoloxicamente representativas ou de valor único, en ambientes terrestres, costeiros e mariños, nas cales a integración da poboación humana e as súas actividades coa conservación son esenciais.
RESERVA DA BIOSFERA
OS ANCARES LUCENSES
QUE É UNHA RESERVA DA BIOSFERA?
Programa MaB da UNESCO
A Secretaría Internacional do Programa MaB está situada na sede da UNESCO en París, e o seu órgano de goberno é o Consello Internacional de Coordinación (CIC), composto en cada momento, de maneira rotatoria, por trinta e catro Estados de entre os que son membros da UNESCO.
Para a execución do seu traballo no terreo, o Programa MaB centra as súas actuacións na Rede Mundial de Reservas da Biosfera, fomentando o intercambio de coñecementos entre as reservas, a investigación e o monitoreo, a educación, a formación e a toma de decisións participativa.
Programa MaB
en España
As funcións do OAPN para a coordinación do desenvolvemento do Programa MaB da UNESCO establécense no Real Decreto 342/2007, do 9 de marzo, e o Real Decreto 387/2013, do 31 de maio, polo que se modifica o anterior. Ambos os decretos regulan o desenvolvemento das funcións do Programa MaB, así como o Comité Español do MaB, no Organismo Autónomo Parques Nacionales.
O OAPN conta coa Secretaría do Programa MaB en España, que se encarga da coordinación e dinamización da Rede Española de Reservas da Biosfera (RERB) e da Secretaría do Comité Español do Programa MaB e dos seus órganos asesores (Consello de Xestores e Consello Científico).
Reservas da Biosfera de Galicia
- Reserva da Biosfera Terras do Miño (Lugo) – 2002
- Reserva da Biosfera Área de Allariz (Ourense) – 2005
- Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá (Lugo) – 2006
- Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras do Burón (Lugo) – 2007
- Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (Ourense e Portugal) – 2009
- Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (A Coruña) – 2013
- Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel (Lugo e Ourense) 2021
MUNICIPIOS
ESPAZOS PROTEXIDOS
ZEC Os Ancares-Courel, ZEC Cruzul-Agüeira, ZEPA Ancares, Zona de Protección del Oso Pardo
RUTAS DE
Ancares Lucenses
Este traballo foi financiado íntegramente polos fondos Next Generation da Unión Europea a través da subvención convocada pola Xunta de Galicia “Axudas para actuacións por parte dos órganos de xestión das reservas da biosfera de Galicia con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023”. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea son responsables delas.