CURSO DE VERÁN “AS RESERVAS DA BIOSFERA COMO RECURSO DA EDUCACIÓN ESCOLAR”
- O Centro de Interpretación Terras do Miño acollerá o curso da Universidade de Verán "AS RESERVAS DA BIOSFERA COMO RECURSO DA EDUCACIÓN ESCOLAR".
CURSO DE VERÁN “AS PLANTAS MEDICINAIS NO DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE DAS RESERVAS DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO E OS ANCARES LUCENSES E MONTES DE CERVANTES, NAVIA E BECERREÁ”
- Obxectivo: poñer de relevo a importancia das plantas e fungos medicinais, especialmente daquelas especies que podemos atopar en Galicia, incidindo nos aspectos que posibilitan que poidan ser contempladas como un recurso no medio rural galego, e especialmente nos espazos protexidos, como as Reservas da Biosfera, contribuíndo así ao desenvolvemento rural sostible nestas zonas, sempre respectando a conservación da biodiversidade.
Arranca o III Campus de Emprendemento Sostible da Deputación
- Con esta iniciativa o organismo provincial impulsa a creación de empresas medioambientalmente sostibles, aproveitando ao máximo os recursos naturais e patrimoniais da provincia de Lugo.
- Grazas ao Campus, co que os participantes reciben asesoramento gratuíto co que coñecen a viabilidade dos seus modelos de negocio, creáronse máis de 10 empresas novas.
- O prazo de inscrición para participar nas accións formativas gratuítas xa está aberto no telefono 982-227-812 ou na páxina web www.deputacionlugo.gal