Celebración do Obradoiro de elaboración de bebidas vexetais en Barcia (Navia de Suarna)
A Deputación de Lugo celebra este ano o 10º aniversario da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses con actividades nos 3 Concellos que integran este espazo natural recoñecido pola UNESCO: Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá. A programación arranca este mes de maio con obradoiros e xornadas formativas para persoas de todas as idades.
O prazo de inscrición xa esta aberto no correo ancareslucenses@deputacionlugo.org ou no teléfono, 982 227 812.
A Deputación organiza o sábado un roteiro polo Concello de Cervantes
- Os participantes poderán ver o Castro de Santa María, o Castelo de Doiras ou a construción do Conde de Grajal de Campos do s.XV
- Os interesados en participar nesta actividade gratuíta poderán inscribirse en www.deputacionlugo.gal e no 982227812