Novas

A Deputación ofrece a 80 emprendedores asesoramento gratuíto para xerar ou reconverter empresas

-  O Presidente e a Deputada de Medio Ambiente presentaron o IV Campus de Emprendemento Sostible xunto a participantes de anteriores convocatorias das que resultaron ou melloraron 13 establecementos na provincia
- Por 1ª vez, o Campus chega aos centros con ensinanzas superiores sobre produción agropecuaria, xestión forestal e do medio natural para fomentar o emprendemento como saída laboral. A través de 3 cursos, 60 alumnos coñecerán os elementos para xerar unha empresa e visitarán negocios xa consolidados de emprendedores lucenses
-  O 4º curso do Campus é aberto ao público en xeral e está dirixido a persoas que xa teñen máis avanzada a súa idea de negocio. Inclúe formación especializada, visitas a empresas consolidadas e titorías individuais co obxectivo de consolidar os proxectos

Ler máis
This site is registered on wpml.org as a development site.