Novas

A Deputación ofrece unha nova edición do Campus de Emprendemento pois xerou 21 empresas na provincia

- Fernández Queipo avanzou este xoves que outros 40 lucenses poderán recibir asesoramento individualizado e formación teórica-práctica para abrir os seus negocios

- Farano a través das accións que inclúe o V Campus de Emprendemento Sostible. Mañá abre o prazo de inscrición en www.deputacionlugo.gal ata o 5 de marzo

- 80 estudantes de FP coñecen as oportunidades de emprender coas sesións que se levan aos IES San Rosendo de Mondoñedo, IES Trapero Pardo en Castro de Rei e CFEA Alta Montaña, que son os 3 centros públicos da provincia que ofrecen ensinanzas superiores sobre produción agropecuaria, xestión forestal e do medio ambiente

- A Deputación tamén sensibiliza a 46 alumnos de Secundaria sobre o emprendemento con clases no IES de Becerreá e CEIP de Navia de Suarna. O Deputado e o Alcalde deste último Concello participaron hoxe nunha das sesións

Ler máis
This site is registered on wpml.org as a development site.