A Deputación impulsa o turismo científico nos Ancares-O Courel
- Esta proposta busca un aproveitamento integral dos recursos de Ancares-Courel coa identificación de puntos de interese turístico-científico, así como a creación dunha oferta de actividades que permitan o desfrute deste espazo natural
- A iniciativa está enmarcada dentro do Plan Estratéxico de Turismo, que recolle a necesidade de desenvolver actuacións diferenciais para reforzar a oferta turística aproveitando os valores distintivos dos que gozamos na provincia
- Vidal Baamonde remarcou que “esta iniciativa é unha oportunidade única para o desenvolvemento desta Comarca, polas súas singulares condicións, ao mesmo tempo que contribúe a poñer en valor este territorio”