Novas

A tradicional Feira do Gando de Cervantes contribúe a apoiar ao sector gandeiro da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses

A I Feira en Defensa do Gandeiro de Montaña celebrouse este sábado en San Román de Cervantes cun concurso de gando vacún no que se inscribiron máis de 100 animais

Rodríguez Ónega subliñou que “recuperando esta feira tradicional de gando vacún, apoiamos aos gandeiros e a produción, na provincia, dunha carne de tenreira da mellor calidade. Conxuntamente, impulsamos o potencial económico da Montaña lucense para que os habitantes dos Ancares poidan vivir no rural do rural”.

Ler máis
This site is registered on wpml.org as a development site.