Fonte: Diputación Provincial de Lugo
– 50 persoas recibiron o diploma que avala a participación neste programa dirixido a crear ou remodelar empresas no rural da provincia, fomentando así a creación de postos de traballo.
– Sonsoles López destacou que “a provincia de Lugo ten unha potencialidade a nivel medioambiental e de recursos humanos que non debemos desaproveitar”.
-A través do Campus de Emprendemento, que serviu de centro de reunión de emprendedores lucenses, ofreceuse formación a máis de 120 veciñas e veciños.
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado da Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e a Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, fixo entregou este martes no Salón de Actos do Pazo de San Marcos máis de 50 diplomas do I e II Campus de Emprendemento Sostible, programa da institución provincial co que se crea emprego no rural e se combate o despoboamento demográfico, apostando pola cultura emprendedora dos lucenses como saída laboral. Neste curso participaron tamén persoas con dificultades de audición e linguaxe, que tiveron durante a celebración dos cursos, así como no propio acto, unha intérprete de lingua de signos.
A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables afirmou que “a provincia de Lugo ten unha potencialidade a nivel medioambiental e de recursos humanos que non debemos desaproveitar”. López Izquierdo lembrou que a través deste tipo de iniciativas “xa se crearon 10 empresas, todas elas relacionadas coa agricultura ecolóxica, gandería ecolóxica, consultoría de obra civil, horticultura ecolóxica, educación ambiental, explotación ecolóxica, turismo rural e produción artesanal, pero sabemos que aínda se van crear máis”, informou.
A Vicepresidenta destacou que “estes programas axudan a crear emprego baseado nas practicas responsables co medio ambiente e axudan a crear oportunidades económicas a través dos recursos naturais da provincia”.
Emprendemento na provincia
O Campus de emprendemento sostible consistiu nunha serie de accións formativas gratuítas encamiñadas a coñecer a viabilidade dos modelos de negocio dos lucenses. Estas accións distribuíronse en dous grupos; por unha banda, o campus de motivación e e xeración de ideas, na que os participantes recibiron asesoramento e por outro; o campus de maduración empresarial, dirixido a persoas que xa tiñan o seu modelo de negocio máis avanzado.