Fonte: Deputación de Lugo
– Máis de 115 persoas de todas as idades poderán participar en Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna nos obradoiros, incluídos na programación do primeiro trimestre
– Fernández Queipo subliñou que “a oferta inclúe obradoiros de elaboración de conservas e licores artesanais, elaboración de queixos frescos, deshidratación de froitas e hortalizas, fabricación de ungüentos e un obradoiro infantil de arxila”
– Os interesados en inscribirse nalgún dos cursos poderán facelo a partir do mércores ás 12:00 horas a través da web www.deputacionlugo.gal ou no teléfono 982 227 812
O Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, presentou este luns a nova programación de actividades gratuítas que organiza o Goberno da Deputación na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses, correspondente ao primeiro trimestre do 2018. Trátase de 6 novas actividades, nas que poderán participar 115 persoas dos Concellos de Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna, totalmente de balde. As persoas interesadas en inscribirse nalgún dos cursos poderán facelo a partir do vindeiro mércores 14, ás 12:00 horas, a través da páxina web www.deputacionlugo.gal ou no teléfono 982 227 812.
Fernández Queipo subliñou que “neste primeiro trimestre do ano a oferta inclúe obradoiros de elaboración de conservas e licores artesanais, elaboración de queixos frescos, deshidratación de froitas e hortalizas, fabricación de ungüentos e un obradoiro infantil de arxila. Todas as actividades teñen carácter gratuíto e están pensadas para participantes de diversas idades”.
Programación das actividades
Becerreá
O Centro de Servizos Sociais do Concello de Becerreá acollerá as seguintes actividades:
– Obradoiro de elaboración de conservas artesanais. Mércores 7 de marzo de 16:00 a 20:00 horas. Actividade con 20 prazas para adultos.
– Obradoiro de elaboración de licores artesanais. Mércores, 21 de marzo, de 16:00 a 20:00 horas. Actividade con 20 prazas para adultos.
Cervantes
O CPI de Cervantes acollerá as seguintes actividades:
– Obradoiro de elaboración de queixos frescos. Mércores 28 de febreiro, de 16:00 a 19:00 horas, e mércores 7 de marzo, de 16:00 a 20:00 horas. Actividade con 20 prazas para adultos.
– Obradoiro de deshidratación de froitas e hortalizas. Mércores 14 de marzo, de 16:00 a 20:00 horas. Actividade con 20 prazas para adultos.
Navia de Suarna
A Escola de Barcia acollerá as seguintes actividades:
– Obradoiro de herbas máxicas para a fabricación de ungüentos. Mércores, 21 de febreiro, de 16:00 a 20:00 horas. Actividade con 20 prazas para adultos.
– Obradoiro de arxila para nenos. Venres 30 de marzo de 16:00 a 20:00 horas. Actividade con 15 prazas para nenos.