A Deputación sinaliza 10 rutas cicloturistas na montaña lucense e na Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses



Fonte: Deputación de Lugo

Instaláronse un total de 28 carteis nos 6 concellos polos que discorren estas rutas cicloturistas que son: Navia de Suarna, A Fonsagrada, Ribeira de Piquín, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro e Cervantes

Con esta actuación de sinalización contribúese a difundir máis de 10 rutas medioambientais e ciclo turísticas da Comarca da Montaña favorecendo o turismo activo para que se acheguen máis deportistas aos concellos polos que discorren

A Deputación sinaliza 10 rutas cicloturistas nas comarcas da Montaña de Ancares e A Fonsagrada.  Cunha inversión de 13.057 euros instaláronse un total de 28 carteis nos 6 concellos polos que discorren as rutas que son: Navia de Suarna, A Fonsagrada, Ribeira de Piquín, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro e Cervantes. Na actualidade, estas rutas discorren por estradas da rede viaria provincial da Deputación, e empréganas numerosos ciclistas.

Con esta actuación de sinalización contribúese a difundir máis de 10 rutas medioambientais e ciclo turísticas desta zona da provincia favorecendo o turismo activo na comarca para que se acheguen máis deportistas. Estas prácticas deportivas ligadas ao entorno, a través dos recursos naturais dispoñibles, contribúen a impulsar unha nova economía sostible e a xeración de emprego e ao desenvolvemento rural sostible.

A través da instalación desta sinalética nas estradas de titularidade da Deputación tamén dáse a coñecer o patrimonio natural, cultural e etnográfico da provincia fomentando a súa conservación e sostenibilidade ambiental.

Rutas sinalizadas
– Arqueira, Ibias, Pedras, A Fonsagrada, Moreira
– Folgueiras, Zarco, Piornedo
– A Fonsagrada – Sarria
– A Fonsagrada, Carballido, Garganta Taramundi, A Pontenova
– A Fonsagrada, A Pontenova, Barraca Hospital
– Laviadas, Piornedo, Ancares, Folgueiras
– Navia de Suarna, A Fonsagrada, Oscos
– Navia de Suarna, Grandas Berduces, Pedras Apañadas
– Navia de Suarna, Ancares Piedrafita
– Navia de Suarna, Piornedo, Degrada, Doiras, Gatín

Carteis en 6 concellos da Comarca da Montaña
Os traballos de sinalización consistiron na instalación de 28 carteis nos 6 concellos da Montaña. Nos concellos de Navia de Suarna e A Fonsagrada instaláronse 2 grandes carteis informativos das rutas do entorno, elaboráronse en madeira de pino tratado; levan un tellado fabricado con estrutura e soporte de serigrafía en taboleiro contrachapado cun vinilo baixo metacrilato. O resto dos carteis metálicos son de aceiro galvanizado e levan impresión da información con protección UV e reflexivos.


This site is registered on wpml.org as a development site.