Rematados os traballos de renovación da Praza do Campo de Quindous, no concello de Cervantes



Fonte: Deputación de Lugo

As actuacións consistiron no tratamento fitosanitario de 4 árbores de gran porte, dous carballos albar e dúas rebolas, catalogados coma especies senlleiras

Ademais, levouse a cabo a renovación do mobiliario urbano, co arranxo das mesas e papeleiras, e a instalación de dúas mesas máis con bancos incorporados. Tamén se construíu unha nova mesa de castiñeiro

O Vicepresidente e Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, e o Alcalde de Cervantes, Benigno Gómez Tadin, supervisaron este mércores os traballos de renovación da Praza do Campo de Quindous, que se executaron coa colaboración da Deputación. As actuacións consistiron na poda e recuperación de 4 exemplares de carballo albar e rebola, así como a renovación do mobiliario urbano, co arranxo das mesas e papeleiras, e a instalación de dúas mesas máis con bancos incorporados. Tamén se construíu unha nova mesa de castiñeiro.

Deste xeito, levouse a cabo o tratamento fitosanitario das 4 árbores de gran porte, dous carballos albar (Quercus petraea Mattusch. Liebl) e dúas rebolas (Quercus pirenaica Will), existindo un de cada especie catalogado coma árbore senlleira. Estes exemplares son recoñecidos polos veciños da zona como símbolos representativos do patrimonio histórico da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses, Montes de Navia, Cervantes, Becerreá.

A aldea de Quindous atópase no centro do Concello de Cervantes e forma parte do terreo da Reserva da Biosfera de Ancares Lucenses: Montes de Cervantes, Navia e Becerreá. A Praza do Campo de Quindous, sitúase no centro da vila e no cruce exacto das estradas de acceso á zona alta da Reserva de Ancares Lucenses, a estrada que leva á aldea de Piornedo e á parroquia de Sete Carballos.


This site is registered on wpml.org as a development site.