Celebración da 24ª Reunión do Consello de Xestores da Red Española de RB no CEIDA, Oleiros (A Coruña)



O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) acolleu os días 15 e 16 de setembro de 2025, a 24ª Reunión do Consello de Xestores da Rede Española de Reservas da Biosfera (RERB).

Na inauguración desta reunión participaron D. Javier Pantoja Trigueros (Director do OAPN), Dña. Marisol Díaz Mouteira (Directora Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Galicia), Dña. Benedicta Rodríguez Fernández (Presidenta do Consello de Xestores), D. José Antonio Santiso Miramontes (Presidente da RB Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo) e D. Carlos Vales Vázquez (Director do CEIDA).

Durante a reunión tratáronse temas de relevancia para a RERB como: a situación da execución dos Fondos Next Generation PRTR destinados ás RB; a creación de redes locais e unha Rede Nacional de Mozos nas RB españolas; a iniciativa “Tapiz de refráns”; a presentación das conclusiones das “I Xornadas de Educación ambiental para Reservas da Biosfera” celebradas en Búbal en xuño de 2025; a presentación das publicaciones “Os queixos e outros lácteos” e “Guía de vides e maceiras para a elaboración de viños e sidras tradicionais” nas RB españolas, acompañado dunha degustación de viños e queixos; a aplicación do novo procedemento das revisións decenais realizadas en 2025 na RERB; os estudos e cursos que se levarán a cabo en 2026 para a RERB; e a presentación do Programa de capacitación para o emprendemento en Reservas da Biosfera, impulsado pola Fundación Biodiversidade.


This site is registered on wpml.org as a development site.