Política de privacidad

A través deste sitio web non se solicitan datos de carácter persoal dos usuarios sen o seu coñecemento, nin se ceden a terceiros.
Coa finalidade de ofrecerlle o mellor servizo e co obxecto de facilitar o uso, analízanse o número de páxinas visitadas, o número de visitas, así como a actividade dos visitantes e a súa frecuencia de utilización. A estes efectos, a Deputación de Lugo utiliza a información estatística xerada polos sistemas de información.

A Deputación de Lugo non utiliza cookies para recoller información dos usuarios, nin rexistra as direccións IP de acceso. Unicamente utilízanse cookies propias,  de sesión, con finalidade técnica (aquelas que permiten ao usuario a navegación a través do sitio web e a utilización das diferentes opcións e servizos que nela existen).

O portal do que é titular a Deputación de Lugo contén ligazóns a sitios web de terceiros, cuxas políticas de privacidade son alleas á da Deputación de Lugo. Ao acceder a tales sitios web vostede pode decidir se acepta as súas políticas de privacidade e de cookies. Con carácter xeral, se navega por internet vostede pode aceptar ou rexeitar as cookies de terceiros desde as opcións de configuración do seu navegador.

Información básica sobre protección de datos
A continuación informámoslle sobre a política de protección de datos da Deputación de Lugo.

Responsable do tratamento
Os datos de carácter persoal que se puidesen solicitar directamente do interesado serán tratados de forma confidencial e quedarán incorporados á correspondente actividade de tratamento titularidade de  a Deputación de Lugo.

Finalidade
A finalidade do tratamento dos datos corresponde a cada unha das actividades de tratamento que realiza a Deputación de Lugo e especifícase en cada un dos formularios de recollida de información.

Lexitimación
O tratamento dos seus datos realízase para o cumprimento de obrigacións legais por parte da Deputación de Lugo, para o cumprimento de misións realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos á Deputación de Lugo, así como cando a finalidade do tratamento requira o seu consentimento, que haberá de ser prestado mediante unha clara acción afirmativa.
Nos formularios de recollida de datos concrétase, en cada caso, a base de lexitimación.

Conservación de datos
Os datos persoais proporcionados conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitan e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da finalidade, ademais dos períodos establecidos na normativa de arquivos e documentación.

Comunicación de datos
Con carácter xeral non se comunicarán os datos persoais a terceiros, salvo obrigación legal ou interese lexítimo do solicitante.
Nos formularios de recollida de datos concrétanse, en cada caso, as posibles comunicacións que poidan realizarse.

Dereitos dos interesados
Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre os tratamentos que dos seus datos que levan a cabo pola Deputación de Lugo.
Pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidad dos seus datos, de limitación e oposición ao seu tratamento, así como a non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos, cando procedan, ante a Deputación de Lugo, Rúa San Marcos, 8, 27001 Lugo ou na dirección de correo protecciondatos@deputacionlugo.org.

This site is registered on wpml.org as a development site.