Novas

A Deputación colabora un ano máis no encontro de Irmandade entre Lugo e a Bretaña Francesa

- A institución provincial presta un ano máis o seu apoio financeiro a este encontro que celebra este ano, entre os días 12 e 19 de agosto, á súa 16ª edición.

- Os lucenses darán a coñecer as Reservas da Biosfera de Lugo ó tempo que porán de manifesto a riqueza cultural e produtiva da provincia ó longo das actividades previstas.

- A iniciativa ten como obxectivo manter as relacións entre ambos pobos e promover as Reservas da Biosfera de Lugo.

Ler máis

A Deputación reforza a sinalización da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses con 60.000 euros

- A Vicepresidenta Segunda adiantou, na reunión dos Órganos de Xestión, que o fará logo de converterse 1 das 4 administracións de España en acadar fondos do OAPN.

- O Goberno Central, quen xestiona dito organismo, recortou nun 95% a súa achega, pois só concedeu 50.000 euros cando o anterior Executivo adicara máis de 1 millón de euros.

- Lara Méndez apuntou que serán un total de 60.000 euros cos que a Deputación reforzará a sinalización nos Ancares Lucenses, pois xa situou na zona outras 11 sinais.

Ler máis

Os veciños dos 67 Concellos poden participar xa e ata setembro na elaboración dos orzamentos da Deputación dende Internet

- A Deputación manterá operativo o portal www.orzamentosparticipativos.org ata o 10 de setembro, incrementando o prazo para que os lucenses maiores de 16 anos opinen sobre as prioridades do presuposto da institución para 2015.

- Poden opinar dende xa e ata dita data, todos os cidadáns, independentemente da celebración das xuntanzas participativas nos 9 partidos xudiciais.

Ler máis

Xunta de Galicia e Deputación asinarán un convenio de 260.000 euros para rehabilitar as pallozas e dotar de servizos ó Piornedo

- O acordo entre ambas administracións impulsará un recurso turístico de primeira orde na comunidade galega e mellorará a calidade de vida dos veciños da zona.

- O organismo provincial achegará 160.000 euros do financiamento e Turismo de Galicia 100.000 euros para acometer uns traballos que inclúen o arranxo dos teitos das tradicionais construcións e a acometida de saneamento e alumeado público.

Ler máis

A Deputación rehabilitará o hórreo de Navia que acollerá un Centro de Interpretación da Reserva da Biosfera dos Ancares

O organismo provincial dará un novo uso a esta infraestrutura emblemática da vila, atendendo á demanda dos veciños que solicitaban medidas para frear o seu deterioro...

Ler máis

A Fundación TIC difunde o labor docente e de investigación da Estación Científica da USC no Courel

Un documental sobre a Serra do Courel, que se proxectará durante as visitas ás instalacións, contribuirá á promoción da ECC sita en Seoane...

 

Ler máis

Aprobado un Plan de Acción de 2 millóns de euros para o desenvolvemento da Reserva dos Ancares lucenses

O Plan conta con 7 liñas de acción para os vindeiros 10 anos que potenciarán factores clave para o desenvolvemento e mellora da calidade de vida nestes territorios

Gómez Besteiro presidiu unha reunión na que se ampliou a participación cidadá nos órganos de xestión coa incorporación de 4 novas asociacións ó Órgano de participación

Ler máis

España, el segundo país del mundo con más reservas de la biosfera

Con 45 zonas declaradas adelanta a Rusia aunque se mantiene dos por debajo de Estados Unidos

Ler máis

As Mariñas coruñesas y Tierras del Mandeo, reserva de la biosfera

La Unesco distingue una zona con ecosistemas costeros y de montaña, y de gran diversidad biológica

Ler máis

Os ianquis interésanse pola natureza dos Ancares

Castaño y Nogal recibe en tres meses miles de visitas de Estado Unidos

Ler máis
This site is registered on wpml.org as a development site.