A Reserva da Biosfera ofrece formación gratuíta sobre educación canina a través dun obradoiro en Navia de Suarna
O curso, que tivo lugar na Escola de Barcia, consistiu nunha sesión teórico-práctica sobre o comportamento destas mascotas e as bases do seu adestramento
Fernández Queipo, subliñou que “con este tipo de actividades de campo contribuímos a que os asistentes atopen respostas ás consultas máis frecuentes e ás incidencias que causan máis problemas no comportamento dos seus animais”
“O obradoiro serviu para que os participantes aprenderan, a través dalgúns exercicios, a corrixir condutas non axeitadas das súas mascotas, para mellorar a convivencia social e harmónica cos seus cans”, destacou
16 persoas participan en Navia de Suarna nun obradoiro gratuíto da Reserva da Biosfera sobre deshidratación de alimentos
A actividade Deshidratación de froitas e hortalizas, que tivo lugar este venres na Escola de Barcia, ofreceu formación para levar a cabo técnicas básicas de conservación de froitas e hortalizas
Máis de 30 postos enchen a XXIX Festa da Androlla de Navia de Suarna, na que se venderán máis de 3.000 quilos deste produto
A cita terá lugar o vindeiro 3 de marzo e xerará un volume de negocio superior aos 15.000 euros. O Executivo Provincial apoia a celebración desta feira, co fin de pór en valor este produto autóctono e dinamizar a actividade do Concello
Esta festa leva xa 29 anos celebrándose, sendo unha das citas do entroido máis importantes da provincia polo éxito de participación. En total, poñeranse á venda uns 3.000 quilogramos de androlla, a un prezo medio de 6 euros
A praza do Concello estará chea de postos de produtos do pais, así como de artesanía. Cada ano, son máis os produtores que quedan en espera pois o espazo para postos de alimentación énchese sempre ao 100%.
Cómpre subliñar que a produción anual deste produto no Concello de Navia de Suarna supera os 30.000 quilogramos, véndose incrementada nas datas previas á Festa
Últimas prazas dispoñibles para participar en marzo de balde no VI Campus de Emprendemento Sostible das Reservas da Biosfera
A nova edición de seminarios gratuítos de motivación e maduración de ideas empresariais, terá lugar no Centro de Interpretación Terras do Miño e no Edificio de Servizos Multiusos de Cervantes. Hai 45 prazas en total, 15 en cada un dos obradoiros
A través desta iniciativa, o Executivo provincial ofrece a todos os lucenses emprendedores accións formativas de balde, tanto teóricas como asesoramento individualizado, ademais dun roteiro de visitas a empresas competitivas da provincia
Os interesados poden apuntarse cubrindo o formulario de solicitude en http://cursos.deputacionlugo.org/terrasmino_rato/ ou no teléfono 982 22 78 13
40 escolares de Cervantes achegáronse á práctica do ilusionismo nun obradoiro da Reserva da Biosfera
A actividade, que tivo lugar este venres no centro educativo de Cervantes, ofreceu técnicas básicas e distintas habilidades para iniciarse no mundo da maxia
Mañá comezan as actividades gratuítas do Goberno da Deputación na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses
O Colexio de Cervantes acollerá este venres a primeira actividade enmarcada dentro da programación do Executivo. Trátase dun obradoiro sobre maxia e ilusionismo, para o que xa hai inscritos uns 40 participantes
Fernández Queipo subliñou que “serán un total de 24 actividades as que se desenvolverán durante este ano nos tres Concellos da Reserva da Biosfera-Ancares Lucenses: Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá”
Este é o primeiro dos 6 obradoiros que organiza o Goberno da Deputación nos Concellos de Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna, para o primeiro trimestre do ano. Os interesados en inscribirse nalgún dos cursos poden facelo en www.deputacionlugo.gal ou no 982 227 813
Máis de 260 persoas poderán participar de balde nas actividades medioambientais do 1º trimestre da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses
- Trátase da programación que achega o Executivo Provincial aos municipios de Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna. Inclúe, entre outros, obradoiros de cervexa artesá; deshidratación de froitas, hortalizas e aromáticas; ou cursos para nenos
- Fernández Queipo, subliñou que “a través destas actividades gratuítas, fomentamos o estudo da riqueza natural e patrimonial da nosa provincia, ao tempo que impulsamos as prácticas responsables co medio ambiente”
- As persoas interesadas en inscribirse nalgún dos cursos poden facelo a través do teléfono 982 227 813, no correo electrónico ancareslucenses@deputacionlugo.org, ou a través da páxina web da Deputación www.deputacionlugo.gal
A Deputación oferta 15 prazas para participar de balde no VI Campus de Emprendemento Sostible dos Ancares Lucenses
Estas prazas súmanse ás 30 ofertadas para as sesións que se celebrarán no Centro de Interpretación Terras do Miño, tamén en marzo, o que fan un total de 45
O Vicepresidente subliñou que “nestes campus explícaselles aos asistentes os principais elementos a ter en conta á hora de crear unha empresa e os instrumentos que contribúen a unha boa idea empresarial, como as oportunidades de negocio”
Todas as persoas interesadas en participar no VI Campus de Motivación Empresarial, que se celebrarán en marzo no Centro de Interpretación Terras do Miño, poden apuntarse no espazo que se atopa habilitado en www.deputacionlugo.gal
Comezan as obras de acondicionamento da Praza do Campo de Quindous, en Cervantes
O Executivo Provincial achega 8.000 euros para levar a cabo o tratamento fitosanitario das árbores, así como a limpeza e mellora de 12 bancos. Tamén se arranxarán as mesas e papeleiras, e colocaranse dúas mesas máis, tipo picnic, con bancos incorporados. Ademais, construírase unha nova mesa de castiñeiro
Trátase dun espazo de uso público cun elevado valor natural, moi concorrido pola xente da propia aldea, así como por numerosos visitantes, por formar parte do patrimonio natural e cultural da Reserva da Biosfera de Ancares Lucenses
Fernández Queipo subliñou que “o obxectivo é actuar sobre as árbores que se atopan neste lugar e que teñen un alto valor ecolóxico, natural e ambiental. Ao mesmo tempo, melloramos o atractivo paisaxístico e recuperamos o noso patrimonio”
15 mozos do IES de Becerreá coñecen 3 empresas de éxito que están a reinventar o rural en Lugo
O Voceiro do Goberno mantivo este xoves un encontro con estes mozos que están a recibir formación e asesoramento gratuíto para emprender, a través do Campus de Emprendemento Sostible
Santos Ramos destacou que “ofrecemos esta formación para dar a coñecer iniciativas empresariais consolidadas por toda a provincia, coas que animar aos mozos lucenses a emprender aproveitando os recursos naturais da provincia”
As entidades que visitaron son Milhulloa e Arqueixal, ambas as dúas en Palas de Rei, e Artesanía e Calabazas Mago de Luz, no Corgo