Fonte: Diputación Provincial de Lugo
– Obxectivo: poñer de relevo a importancia das plantas e fungos medicinais, especialmente daquelas especies que podemos atopar en Galicia, incidindo nos aspectos que posibilitan que poidan ser contempladas como un recurso no medio rural galego, e especialmente nos espazos protexidos, como as Reservas da Biosfera, contribuíndo así ao desenvolvemento rural sostible nestas zonas, sempre respectando a conservación da biodiversidade.
Directores: Antonio Rigueiro Rodríguez e Rosa Romero Franco
Secretaria: Ruth Mª Barros Camba
Direccións de contacto: ruth.barros@usc.es ou antonio.rigueiro@usc.es
Lugar de celebración: Escola Politécnica Superior (EPS) e Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER), Campus de Lugo e Estación Científica do Courel*, Seoane do Courel.
* (O desprazamento á Estación Científica do Courel realizarase en autobús que disporá a organización do curso)
Información xeral: www.ibader.org ou www.usc.es/cultura/veran
Datas de celebración: Semana do 20 ao 23 de xullo
Formalización da matrícula: Directamente por internet (www.usc.es/cultura/veran) ou de forma presencial a partires do 11 de maio. O prazo remata o 10 de xullo
Taxa xeral: 120 €*
Taxa reducida: 70 €* (estudantes de calquera universidade, ciclos formativos ou de secundaria, pensionistas, persoas desempregadas e PDI e PAS da USC)
* (+ 15 € para todas aquelas persoas que non están cubertas polo seguro escolar obrigatorio do INSS)
Solicitada homologación á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como actividade de formación permanente do profesorado (2 Créditos ECTS/LC).