
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este luns no acto académico que organizou a Universidade de Santiago de Compostela (USC) no Campus de Lugo con motivo da conmemoración de San Tomé de Aquino, patrón da Universidade. Unha festividade que acolleu o salón de actos da Escola Polítécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra e no que tamén participaron, entre outras autoridades, o reitor da USC, Antonio López Díaz e o catedrático Roque Julio Rodríguez Soalleiro, quen foi o encargado de impartir a lección maxistral Entre carballos e castiñeiros: xestión activa para producir madeira de calidade.