Deputación e Academia Galega de Ciencias impulsan o proxecto de conservación da natureza Rede Natura 2000
- Sonsoles López Izquierdo e Antonio Rigueiro presentaron no Salón de Actos do Pazo de San Marcos a 25º edición do ciclo de conferencia Dr. Luís Asorey García.
- As xornadas, compostas por un total de 7 conferencias, celebraranse entre os días 17 e 20 e 24 e 26 de novembro no edificio provincial.
- O prazo de inscrición está aberto e os interesados en participar deberán cubrir o formulario que se atopa no rexistro xeral da entidade.
Gómez Besteiro participa no proxecto educativo Una cebra en el agua con alumnos de Cervantes
- O Presidente asistiu a unha das sesións deste innovador programa de divulgación lúdico e didáctico, co que se achega aos máis novos as rutinas da investigación científica.
- A colaboración económica da Deputación coa Universidade de Santiago, por valor de 15.000 euros, permitiu ampliar o proxecto a 60 centros educativos da provincia.
- Besteiro salientou que “apostar pola formación do alumnado a través das novas tecnoloxías axuda a compartir e fixar coñecemento dunha forma eficaz, obtendo uns resultados máis que notables”.
A Deputación reforza a sinalización dos Ancares Lucenses e Terras do Miño con 60.000 euros
- A Xunta de Goberno aprobará mañá un novo plan de sinalización nas Reservas da Biosfera logo de que a Deputación de Lugo se convertese en 1 das 4 administracións de España que acada fondos do Organismo Autónomo Parques Nacionais.
- O Goberno Central, que xestiona este organismo, recortou nun 95% a súa achega, pois só concedeu 50.000 euros cando o anterior Executivo outorgou máis de 1 millón de euros.
- Presidencia da Deputación xa situou máis de 80 sinais en puntos de accesos e zonas naturais dos Ancares Lucenses e Terras do Miño, cumprindo cos requisitos do MaB.
10 emprendedores lucenses ultiman a súa formación no II Campus de Emprendemento Sostible para poñer en marcha novos negocios
- Será no Campus de maduración da idea empresarial de Ancares, no que recibirán formación técnica, legal, medioambiental e económico-financeira sobre as súas ideas empresariais.
- O seminario rematará o vindeiro xoves coas visitas que realizarán a empresas sostibles ubicadas nas Reservas da Biosfera nas que compartirán experiencias e analizarán a viabilidade dos seus proxectos.
- A Deputación aposta pola cultura emprendedora no rural, que permite fixar poboación a través da xeración de novos postos de traballo. De feito, o I Campus de Emprendemento Sostible permitiu a creación de 7 novas empresas.
A Deputación ofrece formación gratuíta a 60 emprendedores para a posta en marcha dos seus negocios
- Aberto o prazo de solicitude en www.deputacionlugo.gal e no 982-22-78-12 para os 3 novos obradoiros do II Campus de Emprendemento Sostible.
- Estándirixidos a persoas que teñan avanzada a súa idea de negocio para traballar a viabilidade comercial, técnica, legal, medioambiental e económico-financeira dos seus proxectos.
- Recibirán formación e farán visitas a empresas consolidadas. Rematado este proceso, terán titorías individuais nas que se lles prestará asesoramento personalizado para a posta en marcha dos seus negocios.
A Deputación impulsa un ano máis o III Encontro de Artesanía, Produtos Típicos e Arte Tradicional de San Román de Cervantes
- A Deputación fai unha nova achega de 3.000 euros para financiar parte das actividades do encontro que se celebrará o sábado, 9 de agosto, no Polideportivo municipal.
- Durante todo o día haberá máis de 40 postos artesáns de cerámica, coiro, teares e de produtos propios da zona da Montaña lucense.
- Este encontro contribúe á promoción os produtos autóctonos e os oficios tradicionais para xerar riqueza e fixar poboación no rural.
A Deputación colabora un ano máis no encontro de Irmandade entre Lugo e a Bretaña Francesa
- A institución provincial presta un ano máis o seu apoio financeiro a este encontro que celebra este ano, entre os días 12 e 19 de agosto, á súa 16ª edición.
- Os lucenses darán a coñecer as Reservas da Biosfera de Lugo ó tempo que porán de manifesto a riqueza cultural e produtiva da provincia ó longo das actividades previstas.
- A iniciativa ten como obxectivo manter as relacións entre ambos pobos e promover as Reservas da Biosfera de Lugo.
A Deputación reforza a sinalización da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses con 60.000 euros
- A Vicepresidenta Segunda adiantou, na reunión dos Órganos de Xestión, que o fará logo de converterse 1 das 4 administracións de España en acadar fondos do OAPN.
- O Goberno Central, quen xestiona dito organismo, recortou nun 95% a súa achega, pois só concedeu 50.000 euros cando o anterior Executivo adicara máis de 1 millón de euros.
- Lara Méndez apuntou que serán un total de 60.000 euros cos que a Deputación reforzará a sinalización nos Ancares Lucenses, pois xa situou na zona outras 11 sinais.
Os veciños dos 67 Concellos poden participar xa e ata setembro na elaboración dos orzamentos da Deputación dende Internet
- A Deputación manterá operativo o portal www.orzamentosparticipativos.org ata o 10 de setembro, incrementando o prazo para que os lucenses maiores de 16 anos opinen sobre as prioridades do presuposto da institución para 2015.
- Poden opinar dende xa e ata dita data, todos os cidadáns, independentemente da celebración das xuntanzas participativas nos 9 partidos xudiciais.
Xunta de Galicia e Deputación asinarán un convenio de 260.000 euros para rehabilitar as pallozas e dotar de servizos ó Piornedo
- O acordo entre ambas administracións impulsará un recurso turístico de primeira orde na comunidade galega e mellorará a calidade de vida dos veciños da zona.
- O organismo provincial achegará 160.000 euros do financiamento e Turismo de Galicia 100.000 euros para acometer uns traballos que inclúen o arranxo dos teitos das tradicionais construcións e a acometida de saneamento e alumeado público.