140 escolares de Becerreá achéganse á práctica da apicultura, nun obradoiro gratuíto da Deputación



Fonte: Deputación de Lugo

A actividade, que tivo lugar este martes no centro educativo de Becerreá, ofreceu aos participantes técnicas básicas para iniciarse no mundo das abellas

O curso, que se celebrou no centro educativo, realizouse en tres quendas distintas na que tamén participou un monitor da Asociación Casa do Mel

Todos os participantes aprenderon nocións básicas sobre a vida das abellas, tipos e funcións de cada un dos insectos

Con este tipo de obradoiros, os escolares descobren en primeira persoa como se elaboran os produtos de referencia na provincia de Lugo

140 escolares do CEIP San Xoán de Becerreá participaron este martes no obradoiro gratuíto sobre Apicultura, que ofreceu a Deputación dentro da programación de actividades medioambientais nos Ancares Lucenses para o primeiro trimestre do ano.

O curso, que se celebrou no centro educativo, realizouse en tres quendas distintas na que tamén participou un monitor da Asociación Casa do Mel. Na primeira, de 10:00 horas a 12:00 horas, participaron 52 estudantes de Educación Infantil; das 12:30 horas ás 14:20 horas, asistiron 44 escolares de primeiro a terceiro curso de Educación Primaria. Pola tarde, de 15:30 horas ata as 16:30 horas, foi a quenda de 43 alumnos/as de cuarto a sexto curso de Educación Primaria.

Todos os participantes aprenderon nocións básicas sobre a vida das abellas, tipos e funcións de cada un dos insectos. Tamén recibiron formación sobre a especie invasora Vespa Velutina. A parte práctica consistiu na elaboración de candeas con cera natural de abella. O obradoiro rematou coa degustación con distintos tipos de mel.

Con este obradoiro, achégase aos nenos e nenas ao mundo da apicultura, para que vexan o peso que ten o sector primario na nosa terra, a agricultura e a gandería. Deste xeito os escolares descobren en primeira persoa como se elaboran os produtos de referencia na nosa provincia.

Ademais, estas sesións serven para sensibilizar aos máis pequenos sobre a importancia do rol das abellas no medio ambiente. O obxectivo con este tipo de obradoiros é divulgar de xeito ameno o respecto á natureza.


This site is registered on wpml.org as a development site.