Novas

A Deputación ofrece formación gratuíta a 60 emprendedores para a posta en marcha dos seus negocios

- Aberto o prazo de solicitude en www.deputacionlugo.gal e no 982-22-78-12 para os 3 novos obradoiros do II Campus de Emprendemento Sostible.

- Estándirixidos a persoas que teñan avanzada a súa idea de negocio para traballar a viabilidade comercial, técnica, legal, medioambiental e económico-financeira dos seus proxectos.

- Recibirán formación e farán visitas a empresas consolidadas. Rematado este proceso, terán titorías individuais nas que se lles prestará asesoramento personalizado para a posta en marcha dos seus negocios.

Ler máis

A Deputación impulsa un ano máis o III Encontro de Artesanía, Produtos Típicos e Arte Tradicional de San Román de Cervantes

- A Deputación fai unha nova achega de 3.000 euros para financiar parte das actividades do encontro que se celebrará o sábado, 9 de agosto, no Polideportivo municipal.

- Durante todo o día haberá máis de 40 postos artesáns de cerámica, coiro, teares e de produtos propios da zona da Montaña lucense.

- Este encontro contribúe á promoción os produtos autóctonos e os oficios tradicionais para xerar riqueza e fixar poboación no rural.

Ler máis

A Deputación colabora un ano máis no encontro de Irmandade entre Lugo e a Bretaña Francesa

- A institución provincial presta un ano máis o seu apoio financeiro a este encontro que celebra este ano, entre os días 12 e 19 de agosto, á súa 16ª edición.

- Os lucenses darán a coñecer as Reservas da Biosfera de Lugo ó tempo que porán de manifesto a riqueza cultural e produtiva da provincia ó longo das actividades previstas.

- A iniciativa ten como obxectivo manter as relacións entre ambos pobos e promover as Reservas da Biosfera de Lugo.

Ler máis
This site is registered on wpml.org as a development site.