As xornadas divulgativas sobre a eclipse solar da Deputación chegan ata Fonsagrada e Cervantes



O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, deu a benvida este mércores aos veciños e veciñas que asistiron á charla sobre a eclipse solar que se celebrou no Salón de Actos dos Chaos da Fonsagrada. A astrofísica María Fernández impartiu esta xornada, que se enmarca dentro do ciclo de conferencias organizadas pola Deputación de Lugo para informar á cidadanía sobre este fenómeno astronómico.

Este mércores pola tarde, a especialista ofrecerá unha segunda charla na Casa de Catoira de Cervantes, na Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses, territorio declarado Destino Turístico Starlight. A programación continuará este xoves e venres nos concellos de Antas de Ulla, Monforte de Lemos, Quiroga, Sarria. As conferencias son gratuítas e de libre acceso ata completar o aforo


This site is registered on wpml.org as a development site.