Novas

A Deputación de Lugo lanza os 17 primeiros proxectos grazas aos Orzamentos Participativos

- Gómez Besteiro, acompañado do presidente, o vicepresidente e o voceiro da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, e de medio cento de cidadáns, anunciou que o organismo provincial cumprirá co 90% das máis de 150 peticións concretas que fixeron os lucenses.

- Dedica 6 millóns para unha segunda edición do plan BEN EMPREGADO!, fará estudos das alternativas a SOGAMA e das vantaxes da biomasa forestal, un plan de repoboación con especies autóctonas e reforzará a promoción dos produtos da provincia.

- Convocará en xaneiro axudas para a pesca de baixura, horticultura e sector vinícola e   poñerá en marcha un banco de casas rurais deshabitadas, ademais de ofrecer becas aos alumnos do Campus cos mellores expedientes.

- “Hoxe é un gran día porque cristaliza unha vella aspiración pola que os veciños levabamos esperando 30 anos. Aqueles que dixeron que isto era fume e propaganda deben rectificar”, subliñou Jesús Vázquez.

Ler máis
This site is registered on wpml.org as a development site.