Novas

A Deputación apadriña ao Urogallo de AVIFAUNA

- O organismo provincial fai unha achega de 2.000 euros para financiar a alimentación e o coidado desta especie protexida, que leva máis de unha década en perigo de extinción.
-  Sonsoles Izquierdo destacou que “colaborar con AVIFAUNA permítenos dar a coñecer entre os máis pequenos a importancia do medio ambiente, impulsando o estudo da flora e da fauna”.
- AVIFAUNA e Deputación teñen asinado un convenio por valor de 20.000 euros que permite que  miles nenas e nenos da provincia se acheguen ás súas instalacións de balde.

Ler máis

A Deputación impulsa os produtos autóctonos colaborando coa XXV edición da Festa da Androlla de Navia de Suarna

- Esta data gastronómica, que conta cunha achega provincial de 1.500 euros, enmárcase dentro da liña de promoción do sector gastronómico da provincia de Lugo.
-  Álvaro Santos destacou que “este tipo de iniciativas dinamizan a económica da zona durante a xornada e axudan a desestacionalizar o turismo no rural impulsando o consumo local”.
- Na festa, que terá lugar o vindeiro 15 de febreiro, haberá degustación de Androlla así como diferentes grupos musicais que amenizarán a data.

Ler máis
This site is registered on wpml.org as a development site.