A Deputación de Lugo impulsa os 4 xeodestinos lucenses en Portugal co Expocidades 2017
- O Deputado de Turismo participou na inauguración da feira turística do Eixo Atlántico que se celebra en Portugal e á que se sumaron os Concellos de Vilalba, Cervo, Viveiro, Mondoñedo, Baleira, Meira, Burela, A Pontenova e Xermade
- Vidal Baamonde subliñou que “a provincia de Lugo caracterízase pola súa diversidade cultural e paisaxística, aportando unha oferta turística variada e singular que ofrece ao visitante múltiples posibilidades para vivir unha experiencia única”
- Expocidades é un escaparate único para dar a coñecer a diversidade turística lucense non só no país veciño, senón tamén de fóra pois, de media, esta feira de turismo conta cuns 6.000 visitantes chegados de diferentes países de Europa
Deputación e Campus Terra da USC estudan as potencialidades turísticas da micoloxía nos Ancares e Courel
- É un proxecto co que o Executivo busca definir estratexias para favorecer o turismo micolóxico a través de actividades concretas e estudos para a súa implantación
- Vidal Baamonde destacou a “transversalidade deste subsector” pois a recollida de fungos pode completarse con máis recursos turísticos propios do territorio
- O Executivo destina 35.000 euros á elaboración deste traballo que afonda no coñecemento dos fungos na provincia