Novas

Aberto o prazo para participar no V Campus de Emprendemento Sostible do Goberno da Deputación

- Trátase da iniciativa coa que o Executivo ofrece formación, asesoramento individualizado e coñecemento in situ sobre proxectos empresariais exitosos, co obxectivo de poñer en marcha novos negocios nos Concellos das Reservas da Biosfera

- Os interesados en participar nos Campus de Motivación e Maduración Empresarial, que se celebrarán en marzo no Centro de Interpretación Terras do Miño, poden apuntarse ata o día 5 no espazo que se atopa habilitado en www.deputacionlugo.gal

- As catro anteriores edicións do Campus de Emprendemento Sostible supuxeron a xeración, ata o momento, de 21 novas empresas na provincia e, polo tanto, de novos postos de traballo no conxunto do territorio lugués

Ler máis
This site is registered on wpml.org as a development site.