Novas

O Goberno da Deputación promocionará os espazos naturais da provincia de Lugo en Galicia e o Norte de Portugal

- Eduardo Vidal Bahamonde avanzou que a Deputación difundirá o patrimonio natural da provincia na guía turística de recursos naturais da Eurorrexión, que distribuirá o Eixo Atlántico en oficinas de turismo e lugares de paso de viaxeiros de toda Galicia e o Norte de Portugal

- A guía de espazos naturais da Eurorrexión terá unha tirada de 80.000 exemplares e incluirá información das tres Reservas da Biosfera de Lugo, a Ribeira Sacra, a praia das Catedrais, o Souto da Retorta, o pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós, o Courel, o Monte de San Vicente e rio Cabe e o Paseo das Aceas do río Sarria

Ler máis
This site is registered on wpml.org as a development site.