A Deputación leva a Portugal os recursos turísticos das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses no Expocidades 2019
A feira turística do Eixo Atlántico celébrase en Braga do 30 de maio ao 2 de xuño, e conta de media cuns 6.000 visitantes. A Deputación conta cun stand propio para dar a coñecer e promocionar as potencialidades turísticas de toda a provincia, incluidas as Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses
Eduardo Vidal subliñou que “Expocidades é un escaparate idóneo para promover a riqueza histórico-cultural, natural e gastronómica lucense no mercado portugués que continúa sendo o primeiro mercado internacional para Galicia”
A Deputación sinaliza 10 rutas cicloturistas na montaña lucense e na Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses
Instaláronse un total de 28 carteis nos 6 concellos polos que discorren estas rutas cicloturistas que son: Navia de Suarna, A Fonsagrada, Ribeira de Piquín, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro e Cervantes
Con esta actuación de sinalización contribúese a difundir máis de 10 rutas medioambientais e ciclo turísticas da Comarca da Montaña favorecendo o turismo activo para que se acheguen máis deportistas aos concellos polos que discorren
A tradicional Feira do Gando de Cervantes contribúe a apoiar ao sector gandeiro da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses
A I Feira en Defensa do Gandeiro de Montaña celebrouse este sábado en San Román de Cervantes cun concurso de gando vacún no que se inscribiron máis de 100 animais
Rodríguez Ónega subliñou que “recuperando esta feira tradicional de gando vacún, apoiamos aos gandeiros e a produción, na provincia, dunha carne de tenreira da mellor calidade. Conxuntamente, impulsamos o potencial económico da Montaña lucense para que os habitantes dos Ancares poidan vivir no rural do rural”.
A Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses amósase en Expovacaciones, o encontro internacional coa maior oferta turística do norte do Estado
A Deputación conta cun stand propio en Expovacaciones que se celebra en Bilbao do 10 ao 12 de maio. Os visitantes desta importante feira coñecerán propostas turísticas, gastronómicas e aventureiras que ofrece a provincia de Lugo
Vidal Baaomonde subliñou que “queremos potenciar a provincia de Lugo como destino de excelencia gastronómica e de natureza onde se poden vivir experiencias únicas e inéditas”
Cervantes revive a súa tradicional Feira do Gando coa colaboración da Deputación
A I Feira en Defensa do Gandeiro de Montaña celebrarase este sábado na localidade de San Román de Cervantes. A programación desta cita inclúe un concurso de gando no que están inscritos máis de 100 animais
Fernández Queipo subliñou que “recuperando esta feira tradicional de gando vacún, dinamizamos a actividade económica da zona e apoiamos aos gandeiros e a produción de tenreira galega na provincia”
Aberto o prazo de inscrición para a programación de actividades de turismo científico do Courel e dos Ancares
Son 6 actividades gratuítas organizadas polo Goberno da Deputación, e dirixidas a todos os públicos, sobre xeoloxía, botánica, fauna, astronomía e a paleontoloxía
A través desta iniciativa, o Goberno Provincial, contribúe a dar a coñecer a riqueza e os valores destes espazos naturais impulsando, á vez, o turismo nestes concellos da provincia
A inscrición nestas actividades, que terán lugar entre maio e agosto, pódese realizar desde hoxe ata que se esgoten as prazas a través da web de http://cursos.deputacionlugo.org/turismo
Apicultura e patrimonio, novas actividades impulsadas pola Deputación na Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses
Fernández Queipo informou, este xoves de novas actividades medio ambientais que terán lugar o sábado e domingo en Becerreá e Cervantes. As xornadas tratarán sobre apicultura e patrimonio cultural
Fernández Queipo subliñou que “dende o Goberno da Deputación continuamos apostamos polas actividades a favor dunha concienciación medioambiental, pois é un dos grandes retos da sociedade actual”
As xornadas serán de portas abertas ata completar aforo