54 alumnos do CFEA Alta Montaña de Becerreá formáronse en emprendemento sostible na Reserva da Biosfera



Fonte: Deputación de Lugo

– Fernández Queipo entregou este xoves no salón de actos do centro de formación os diplomas aos participantes dos Campus de Emprendemento Sostible da Deputación

– Os estudantes coñeceron novas tipoloxías de empresas con valores sociais e medioambientais, e afondaron sobre a viabilidade comercial, técnica, legal, medioambiental e económico-financeira das súas ideas de negocio

– Para finalizar a formación, os rapaces visitaron as instalacións de varias empresas lucenses, onde tiveron a ocasión de coñecer de primeira man iniciativas empresariais exitosas enmarcadas na Reserva da Biosfera Terras do Miño

O Vicepresidente da Deputación e Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, entregou este xoves, no Salón de Actos do CFEA Alta Montaña de Becerreá, os diplomas dos Campus de Emprendemento Sostible. Por primeira vez, esta programación impartiuse nos 3 centros públicos da provincia que ofrecen ensinanzas superiores sobre produción agropecuaria, xestión forestal e do medio natural. Trátase do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal, en Becerreá; do IES A Terra Chá José Trapero Pardo, en Castro de Rei; así como o IES San Rosendo, en Mondoñedo.

 

54 alumnos participantes

Foron 54 alumnos do CFEA Alta Montaña os que participaron nos Campus de Emprendemento Sostible que ofrece o Executivo Provincial. Trátanse de estudantes dos ciclos formativos de grao superior de Xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos e de grao medio de Traballo forestal e conservación do medio natural que se imparten neste centro do Concello de Becerreá.

 

Os mozos realizaron cursos de motivación e xeración de ideas e de maduración de ideas empresariais. Nestas dúas activades formativas os estudantes coñeceron novas tipoloxías de empresas con valores sociais e medioambientais, que se presentan nos Campus coma un exemplo de boas prácticas coa contorna e coas xeracións do futuro; e afondaron sobre a viabilidade comercial, técnica, legal, medioambiental e económico-financeira dun negocio.

 

Para finalizar a formación, os rapaces visitaron ás instalacións de varias empresas lucenses, onde tiveron a ocasión de coñecer de primeira man iniciativas empresariais exitosas enmarcadas na Reserva da Biosfera Terras do Miño. Unha vez rematado o campus ofrecéronse unha serie de titorías para prestar asesoramento persoalizado ao alumnado que desexou continuar o traballo de maduración das súas ideas iniciado durante o campus.

 

21 empresas xeradas

A formación gratuíta ofertada polo Executivo Provincial a través destes Campus permitiu, polo de agora, a creación de 21 novas empresas na provincia de Lugo. Estas son as seguintes: A horta da Sancoveiga (Vilalba); Esther Fernández Díaz (Ancares); Nenea, medrar creando (Lugo); Avogar (Lugo); Bico de Grao (Lugo); PK3 Ingenieros (Lugo); Marmeladas Acea de Olga (Lugo); WiseKid Summer Camp (Lugo); Mel Casa Príncipe (Cervantes); Explotación Extensiva de Gando Vacún (Sarria); Abadía (Mondoñedo); Bufarda Arquitectura (Monterroso); Esmorga Eventos (Mondoñedo); Galimós: A nosa granxa de galiñas de Mós (Outeiro de Rei); M3 Aguas (Lugo): ingeniería ambiental; Tu alicate, tenda online de ferramentas (Becerreá); Artesanía Calabazas Mago de Luz (O Corgo); Centro Shalom (Lugo); Caserío Meiroi (Navia de Suarna); Elexes, más que electricidad (Lugo); Hotel Os Ancares (Becerreá).


This site is registered on wpml.org as a development site.