A Deputación destina preto de 70.000 euros para impulsar o turismo científico no territorio Ancares-Courel



Fonte: Deputación de Lugo

– O Goberno da Deputación aprobou este venres a adxudicación deste proxecto para a creación dun ecosistema integrado no territorio Ancares-Courel, dotado dunha inversión de preto de 70.000 euros e que prevé que se leven a cabo 10 accións

– Trátase dun proxecto novidoso que pretende aproveitar o grande potencial da montaña lucense a través dun turismo que vincula esta actividade coa conservación do medio natural e a ciencia

-A iniciativa pretende que se desenvolva neste territorio un turismo de calidade, avalado polo selo Observer Turismo científico, sostible e durante todo o ano

Este venres O Goberno da Deputación aprobou en Xunta de Goberno a adxudicación do proxecto para a creación dun ecosistema integrado de turismo científico no territorio Ancares-Courel. Trátase dun proxecto novidoso, enmarcado dentro do Plan Estratéxico de Turismo e dotado con preto de 70.000 euros, que busca que montaña lucense conte cun proxecto turístico pioneiro acorde co potencial dos seus moitos recursos naturais.

 

A creación do ecosistema integrado de turismo científico Ancares-Courel busca que se desarrollen as estruturas necesarias para crear un turismo de calidade, avalado polo distintivo Observer Turismo Científico, sostible e vivo durante todo o ano.

 

O Goberno Provincial pretende así dar o pulo inicial a un turismo innovador, nunha rexión que conta cun dos maiores espazos naturais de Galicia e múltiples zonas de protección do medio natural. Entre elas, a Reserva da Biosfera Os Ancares Lucesnses e Montes de Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá; as zonas especiais de conservación ZEC Ancares-Courel e a Zona Especial de Protección para as Aves dos Ancares, ambas pertencentes á Rede Natura 2000; a Reserva Nacional de Caza e zona de Especial Protección do oso pardo e a declaración como Paraxe Pintoresco da Serra dos Ancares en Cervantes

 

Accións a Desenvolver

Para acadar o distintivo Espazo Observer Turismo Científico, que en Galicia só ten o Parque das Illas Atlánticas, o territorio terá que pasar unha auditoría previa que valorará o seu potencial. Unha vez acadado o selo de calidade, implementarase unha estratexia na que se contemplan preto de 10 accións a desenvolver. Entre elas, a creación dun grupo de traballo cos axentes claves do territorio, unha páxina web, o deseño dun catálogo divulgativo de bens de interese científico deste espazo, así como cinco itinerarios temáticos ligados ao turismo científico e a creación dunha APP. Ademais, desenvolverase unha programación anual de turismo científico, un seminario para empresas do sector sobre o mesmo e un seminario de formación para guías e informadores turísticos.


This site is registered on wpml.org as a development site.