A Deputación oferta 15 prazas para participar de balde no VI Campus de Emprendemento Sostible dos Ancares Lucenses



Fonte: Deputación de Lugo

Estas prazas súmanse ás 30 ofertadas para as sesións que se celebrarán no Centro de Interpretación Terras do Miño, tamén en marzo, o que fan un total de 45

O Vicepresidente subliñou que “nestes campus explícaselles aos asistentes os principais elementos a ter en conta á hora de crear unha empresa e os instrumentos que contribúen a unha boa idea empresarial, como as oportunidades de negocio”

Todas as persoas interesadas en participar no VI Campus de Motivación Empresarial, que se celebrarán en marzo no Centro de Interpretación Terras do Miño, poden apuntarse no espazo que se atopa habilitado en www.deputacionlugo.gal

O Goberno da Deputación abriu o prazo de solicitude para participar de balde nos Campus de Motivación Empresarial, pertencentes ao VI Campus de Emprendemento Sostible da Deputación nos Ancares Lucenses, Montes de Navia, Cervantes, Becerreá. As datas previstas para a súa celebración son o 25, 26 e 27 de marzo, para as sesión teóricas. Terán lugar no Edificio de Servizos Multiusos de Cervantes, en horario de tarde, de 16:00 horas a 20:00 horas. As sesións prácticas consistirán en visitas a empresas, que terán lugar o 28 de marzo.

O Deputado de Medio Ambiente subliñou que “nestes campus explícaselles aos asistentes os principais elementos a ter en conta á hora de crear unha empresa e os instrumentos que contribúen a unha boa idea empresarial, como as oportunidades de negocio. Ademais da formación teórica, realizarán visitas a empresas consolidadas e recibirán asesoramento personalizado, pois tamén haberá titorías individuais coas que continuar o traballo iniciado no Campus e poñer en marcha as ideas emprendedoras”.

Estas prazas súmanse ás 30 ofertadas para as sesións que se celebrarán no Centro de Interpretación Terras do Miño, tamén en marzo, sumando un total de 45 as oportunidades para emprendedores que queiran recibir accións formativas teóricas e prácticas sobre como crear unha empresa en calquera dos Concellos que integran as Reservas da Biosfera.

As persoas interesadas poden apuntarse no espazo que se atopa habilitado en www.deputacionlugo.gal. Poderán inscribirse en calquera dos dous Campus. O prazo de inscrición estará aberto ata cubrir as prazas ofertadas.


This site is registered on wpml.org as a development site.