A Deputación renova con 50.000€ a cuberta de palla do Centro de Interpretación da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses, en Cervantes



Fonte: Deputación de Lugo

O Presidente asinou este venres un convenio co Alcalde da localidade da Montaña para repoñer con palla de centeo o teito da palloza e axudar así a manter en bo estado esta construción representativa do patrimonio etnográfico da Reserva da Biosfera

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, asinou este venres un convenio de colaboración co Alcalde de Cervantes, Benigno Gómez Tadín, para a renovación da cuberta de palla do Centro de Interpretación da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá cunha achega 48.255€.

José Tomé explica que dende a institución provincial “estamos moi sensibilizados con manter en bo estado o noso patrimonio natural, cultural e etnográfico, e construcións coma esta precisan de atencións constantes”. 

Os traballos consistirán na mellora e reparación da cuberta de palla, instalando colmos de palla de centeo, cun espesor aproximado de 30 centímetros fixados con cordóns de palla trenzado. O perímetro aproximado do Centro de Interpretación é de 35 metros, tendo unha superficie aproximada en planta de 145 metros cadrados. Debido á pendente da cuberta e á forma cónica irregular estímase unha superficie de cuberta duns 220 metros cadrados. 


This site is registered on wpml.org as a development site.