A Reserva da Biosfera ofrece formación gratuíta sobre educación canina a través dun obradoiro en Navia de Suarna



Fonte: Deputación de Lugo

O curso, que tivo lugar na Escola de Barcia, consistiu nunha sesión teórico-práctica sobre o comportamento destas mascotas e as bases do seu adestramento

Fernández Queipo, subliñou que “con este tipo de actividades de campo contribuímos a que os asistentes atopen respostas ás consultas máis frecuentes e ás incidencias que causan máis problemas no comportamento dos seus animais”

“O obradoiro serviu para que os participantes aprenderan, a través dalgúns exercicios, a corrixir condutas non axeitadas das súas mascotas, para mellorar a convivencia social e harmónica cos seus cans”, destacou

Veciños de Navia de Suarna participaron este martes no obradoiro gratuíto Educación Canina, que ofreceu o Goberno da Deputación a través das actividades medioambientais nos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá. A actividade, que transcorreu na Escola de Barcia, consistiu nunha sesión teórico-práctica para achegarse ás peculiaridades do comportamento destes animais e para aprender algunhas pautas importantes para educalos.

O Vicepresidente e Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, subliñou que “con este tipo de actividades de campo contribuímos a que os asistentes atopen respostas ás consultas máis frecuentes e ás incidencias que causan máis problemas no comportamento dos seus animais”. 
“O obradoiro serviu para que os participantes aprenderan, a través dalgúns exercicios, a corrixir condutas non axeitadas das súas mascotas, para mellorar a convivencia social e harmónica cos seus cans”, destacou. 
O obradoiro, que impartiu a veterinaria Angela González Martínez, tivo unha duración de 4 horas nas que os participantes recibiron nocións teóricas sobre o comportamento canino e as bases da educación destes animais, Na parte práctica, os asistentes realizaron distintos exercicios cos seus animais e comezaron a entrenar métodos de modificación de condutas.


This site is registered on wpml.org as a development site.