Desde o ano 2011, o órgano de xestión da Reserva da Biosfera está integrado na Deputación de Lugo (como un órgano especial da administración sen personalidade xurídica propia), conformado por un Órgano Reitor (órgano de goberno) e un Órgano de Participación (de carácter consultivo).
OS ANCARES LUCENSES
RESERVA DA BIOSFERA
XESTIÓN DA RESERVA DA BIOSFERA
ÓRGANOS DE XESTIÓN
Regulamento do órgano de xestión (BOP Lugo nº 76 – 04.04.2011)
ÓRGANO REITOR
Composición (19/06/2024)
Ordes do día das reunións
ÓRGANO DE PARTICIPACIÓN
Composición (19/06/2024)
Ordes do día das reunións
Castro de Santa María de Cervantes
Castelo de Doiras
PLAN DE XESTIÓN
O Plan traza as liñas estratéxicas de acción encamiñadas a conservar o patrimonio natural da Reserva, dotar de servizos e infraestruturas aos veciños co fin de mellorar a súa calidade de vida e xerar riqueza e emprego para fixar poboación no territorio da Reserva.
Plan de Xestión da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses 2024-2034
MEMORIAS ANUAIS DE ACTUACIÓNS
Souto da Agueira
ZONIFICACIÓN
A Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses ten unha superficie de 53.664 ha e inclúe os municipios de Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá.
ZONA NÚCLEO
Integra as áreas de máis importancia para a conservación da biodiversidade do territorio, constituída fundamentalmente polos espazos naturais protexidos Ancares-Courel e ZEC Cruzul-Agüeira. Tamén inclúe a Zona de Protección do Oso Pardo.
Ocupa unha superficie de 14.224 ha, o 26 % da Reserva.
A zona Núcleo represéntase en laranxa
ZONA TAMPÓN
Son áreas de menor valor de conservación que as núcleo, pero nas que é necesario preservar a configuración dos compoñentes paisaxísticos, así como a distribución territorial dos grandes tipos de hábitats naturais e seminaturais.
Abarca unha área de 31.975 ha que representa o 60 % da superficie total da Reserva.
A zona Tampón represéntase en verde
ZONA DE TRANSICIÓN
Abarcan áreas dunha elevada produtividade agrícola e gandeira nas que se concentra a práctica totalidade da poboación que vive na Reserva. Trátase dunha paisaxe rural configurada por un mosaico de prados seminaturais de montaña, delimitados por sebes arbóreas e arbustivas, xunto con soutos estendidos polos vales que estruturan o territorio.
Inclúe unha superficie de 7.465 ha, o que representa o 14% da Reserva.
A zona Transición represéntase en amarelo claro
Visor preliminar da zonificación. (Pódese descargar a cartografía dos límites e da zonificación da Reserva da Biosfera no apartado DOCUMENTACIÓN)
MUNICIPIOS
Mapa da provincia de Lugo
Este traballo foi financiado íntegramente polos fondos Next Generation da Unión Europea a través da subvención convocada pola Xunta de Galicia “Axudas para actuacións por parte dos órganos de xestión das reservas da biosfera de Galicia con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023”. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea son responsables delas.