COMPOSICIÓN DO ÓRGANO REITOR
• Presidente: Presidente da Deputación de Lugo
• Vicepresidente: Deputado delegado da Área de Medio Ambiente
• Secretario: Secretario Xeral da Deputación de Lugo ou funcionario xurídico da Deputación en quen delegue.
• Vocais:
1. Representante do Grupo Provincial Popular
2. Representante do Grupo Provincial do BNG
3. Representante do Grupo Provincial Socialista
4. Representante da Administración Xeral do Estado: Ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño ou persoa en quen delegue (delegación no Secretario do Comité Español do Programa MaB).
5. Representante da Xunta de Galicia: Conselleiro de Medio Rural ou persoa en quen delegue (delegación no Xefe Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda).
6 e 7. Dous técnicos de recoñecido prestixio e de adecuados coñecementos técnicos, do ámbito universitario e científico, que serán nomeados polo Presidente do Órgano Reitor a proposta dos demais membros do Órgano Reitor previa consulta ao Órgano de Participación: D. Antonio Rigueiro Rodríguez e D. Roque Rodríguez Soalleiro.